Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

ANUNCIO.

A Corporación Municipal de Carral, en sesión plenaria celebrada o día 29 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o acordo de proceder á expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, da parcela, sita en Paleo, propiedad de Benito Bermúdez Veiras, por apertura da Travesía Nova de Carral entre O Paraíso e a Rúa dos Chás (2ª fase), parroquia de Paleo, petencente a este municipio.

O que se fai público para os efectos do disposto no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, co fin de que quen poida resultar interesado no expediente o poida examinar nas dependencias do concello durante o prazo dun mes,

contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Carral, 10 de setembro de 2001.

Juan M. Vales Rodríguez

Alcalde