Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 27 de setembro de 2001, o estudio de detalle das unidades de actuación 4.3º e 4.4º, redactado por Bernardo Blanco e outros, sométese a información pública, por un período dun mes para efectos de reclamacións, contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, servindo este anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 27 de setembro de 2001.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde