Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos expedientes de sanción por infraccións na orde social que se citan.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral); o seu enderezo, identificación, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse de seguido:

Empresa e domicilioNIFNº exp.Contía (ptas.)Disposición infrinxida

Carballeira Calaza, Mª José

Pol. industrial, parc. 21, Vilalba (Lugo)

33314931-Y108/2000100.000Lei 31/1995

R.D. 1215/1997

Construcciones Javier Edrosa, S.L.

Avda. Tierra Llana, nº 13

Vilalba

B-27243369143/2000300.001Lei 31/1995

O.M. 28-8-1970

Limpiezas Julio Rodríguez, S.L.

R/ Yáñez Rebolo, nº 109-B, Lugo

B-27212901144/2000501.000R.D. lex. 1/1995

C.C. limpeza

Cubiertas y Pizarras Coven, S.L.

Porvenir, nº 15

27600 Sarria (Lugo)

B-27190610145/2000251.000O.M. 28-8-1970

Lei 31/1995

Contra estas resolucións poderá interpo-lo interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboa-la multa imposta a través da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal, conta de sancións nº 311-152-106-9, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987.

Lugo, 26 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo