Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia unha contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: deseño, producción e difusión dunha campaña promocional do mexillón de Galicia.

División por lotes e número: non existen lotes.

Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó da sinatura do contrato e ata como máximo o día 16 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e un millóns trescentas mil pesetas (41.300.000 pesetas) (248.218,00 euros).

5. Garantías.

Provisional: 826.000 pesetas (4.964,36 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa de Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 63 04), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=763

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día 22 de outubro de 2001.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9.30 horas do día 25 de outubro de 2001.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados