Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica de expropiacións da obra de acondicionamento da nova estrada PO-400. Treito: varíante de Salvaterra.

Adxudicatario: Topogray, Topografía y Servicios, S.L.

Orzamento: 7.245.360 pesetas.

Asistencia técnica de expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-200. Treito: Aciveiro-Cachafeiro.

Adxudicatario: Topogray, Topografía y Servicios, S.L.

Orzamento: 6.942.600 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado, incluída cartografía, da obra de acondicionamento e novo trazado da estrada LU-611 Rubián-Taboada.

Adxudicatario: Enxeñeiros e Arquitectos consultores, IDOM, S.A.

Orzamento: 20.641.910 pesetas.

Asistencia técnica ós desvíos dos servicios afectados polas obras de estradas existentes de ámbito autonómico e pertencentes á Xunta de Galicia.

Adxudicatario: Comercial Palmeiro, S.L.

Orzamento: 14.484.924 pesetas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia, incluíndo os labores de coordinación e seguridade e saúde, da obra de reparación e ampliación da ponte na Illa da Toxa.

Adxudicatario: Fhecor Ingenieros Consultores, S.A.

Orzamento: 22.400.422 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción do corredor do Morrazo. Treito: I.

Adxudicatario: G.O.C., S.A.

Orzamento: 31.320.000 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción do corredor do Morrazo. Treito: II.

Adxudicatario: Interurbán, S.A.

Orzamento: 36.000.000 de pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada C-545. Treito I: Santa Comba-Zas. Treito II: Zas-Baio.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 21.792.456 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada LU-124. Treito: Mondoñedo-Cruz da Cancela.

Adxudicatario: Itro Ingenieros Consultores, S.L.

Orzamento: 18.518.204 pesetas.

Asitencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada C-533. Treito: Saa-Becerreá.

Adxudicatario: Prointec, S.A.

Orzamento: 18.006.127 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai publico para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda