Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Reparación e ampliación da ponte na illa da Toxa.

Adxudicatario: Vías y Construcciones, S.A.

Orzamento: 612.657.125 pesetas.

Acondicionamento da estrada LU-133. Vilamar-Reme, treito: Vilamartín Grande-Covelas.

Adxudicatario: Obras y Construcciones Cortizo, S.L.

Orzamento: 245.571.000 pesetas.

Acondicionamento da estrada OU-310 Verín-Vilardevós. Treito: Verín-enlace coa autovía Rías Baixas.

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento: 251.730.000 pesetas.

Alargamento e mellora da estrada LU-612 Lugo-Portomarín. Treito: Mougán-Río Ferreira.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 203.600.000 pesetas.

Nova vía para o acceso ó núcleo urbano da Estrada desde AC-541. Concello da Estrada.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos S.L.

Orzamento: 86.234.400 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa,

é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda