Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.263

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (248/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 248/2001 por instancia de Irene Rohde Iglesias contra a Agencia de Publicidad General, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu auto de aclaración de sentencia en data 19 de xuño de 2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva: ten lugar a aclaración solicitada. E en consecuencia, modifíquese a súa decisión a cal quedará do teor literal seguinte:

«Decisión: que estimando a demanda promovida por Irene Rohde Iglesias contra Agencia de Publicidad General, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e así mesmo extinguida a relación laboral o día de hoxe, condenando a demandada a que indemnice a demandante na cantidade de 470.047 pesetas, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución a razón de 5.839 pesetas/día.

Notifíqueselles a presente resolución as partes facéndolles saber que, contra esta, cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncia-lo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Agencia de Publicidad General, S.L. expido e asino este edicto na Coruña, 3 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado