Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.263

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (951/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e

Certifico: que neste xulgado se seguen autos nº 951/2000 por instancia de Isabel Pérez Couto contra Fincas Bergantiños, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 30 de marzo de 2001 que copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por María Isabel Pérez Couto, condeno a empresa Fincas Bergantiños, S.L., a que lle aboe a cantidade de 616.955 pesetas que lle adebeda en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que, contra esta, cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no termo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Fincas Bergantiños, S.L., expido e firmo este edicto en A Coruña, 3 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado