Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 09 de outubro de 2001 Páx. 13.249

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

DECRETO 246/2001, do 20 de setembro, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona da Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense).

A parroquia da Graña, que pertence ó concello de Xunqueira de Ambía, está situada no centro da provincia de Ourense, resultando afectadas pola concentración parcelaria aproximadamente 543 ha.

A dispersión parcelaria que presentan os terreos desta parroquia, posta de manifesto polos agricultores dela mediante solicitude dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, motivou un estudio de viabilidade e de valoración

das posibilidades que ofrece a zona para incrementa-lo rendemento dos recursos agropecuarios, deducíndose a conveniencia de levar a cabo a concentración parcelaria por razóns de utilidade pública e interese social.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, formulada conforme o establecido na Lei galega 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de setembro de dos mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona da Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense).

Artigo 2º

O perímetro da zona será, en principio, o correspondente ós terreos non concentrados dos lugares da Graña, A Brandela, Casnaloba e Cerdeira da parroquia da Graña. O referido perímetro quedará en definitiva modificado polas rectificacións, inclusións ou exclusións que se acorden, ó amparo dos artigos 23 e seguintes da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 3º

A esta zona seranlle de aplicación os beneficios económicos programados ou asumidos pola Xunta de Galicia, para mellorar ou moderniza-las explotacións agrarias e, en concreto, os que sinale o artigo 6 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 4º

Os traballos de execución desta concentración parcelaria iniciaranse nun prazo non superior ós 6 meses a partir da publicación do presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para dicta-las disposicións complementarias que requira a execución do presente decreto.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria