Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, estudio de impacto ambiental e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A-2/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico e polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, do 13 de setembro de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (BOE nº 241), Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal (DOG nº 75) e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG nº 136) polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, o estudio de impacto ambiental e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Energía de Galicia, S.A. (Engasa).

Enderezo social: r/ Londres, 11-B, baixo (As Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: Parque Eólico de Santa Comba.

Municipios afectados: Santa Comba, Zas (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 23,20 MW.

-29 aeroxeradores de 800 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 55 m de altura e rotores de 3 pas de 56 m de diámetro.

-29 transformadores, situados no interior dos fustes de 850 kVA e tensión de 1/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV para interconexión dos aeroxeradores e estos coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 25 MVA e relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando e telecontrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

O estudio de impacto ambiental correspondente as instalacións do Parque Eólico de Santa Comba poderase examinar nos concellos de Santa Comba e Zas e nas dependencias das delegacións provinciais das Consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña.

Así mesmo, o proxecto sectorial do parque eólico de Santa Comba poderase examinar nos concellos de Santa Comba e Zas e nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, podendo presentarse cantas alegacións se considerasen pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 3 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña