Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2001 Páx. 13.178

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se adxudican as axudas correspondentes ó programa apoio á I+D industrial, tecnoloxía industrial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT) en réxime de concorrencia competitiva, convocadas pola Orde do 26 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de abril).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Industria e Comercio do 26 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 70, do 9 de abril), aproba as bases reguladoras da concesión de axudas correspondentes á investigación enerxética do programa apoioa a I+D industrial, tecnoloxía industrial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT) en réxime de concorrencia competitiva, e procédese á súa convocatoria para o ano 2001.

A selección das solicitudes e a determinación da contía das axudas foi realizada pola comisión de selección segundo o establecido no punto 8 dos anexos I e II da mencionada orde de convocatoria.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección en virtude das competencias atribuídas ás consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Industria e Comercio,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada industrial ós investigadores que se relacionan no anexo I, punto 1, desta resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan. Aqueles proxectos que figuran no anexo I con autorización para contratar persoal deberán realiza-la

contratación conforme as normas establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial ás empresas que se relacionan no anexo I, punto 2, desta resolución, na contía e polas anualidades que se sinalan.

Terceiro.-Denegárlle-las axudas ós grupos e ás empresas que se relacionan no anexo II polos motivos que nel se sinalan.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na referida orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou de Industria e Comercio, segundo proceda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme os artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xuridsdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2001.

Jaime Pita VarelaJuan Rodríguez Yuste

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Industria

e Administración Públicae Comercio

ANEXO I

Concedidas

1. Axudas concedidas a grupos de investigación que realicen investigación aplicada nas áreas de eficiencia enerxética e enerxías renovables (aplicación orzamentaria 04.07.432-A.770.0, colaboración con empresas para I+D).

Investigador principalCódigo da axudaTítuloPersoalAnos2001

(miles ptas.)

2002

(miles ptas.)

2003

(miles ptas.)

Totais (miles ptas.)

Garrido Suárez, CarlosPGIDT01ENR30301

PM

Novel optimization strategy for the power quality of grid-connected wind farma.Non12.2502502.500

Míguez Tabarés, José LuisPGIDT01ENR30302

PR

Aforro de enerxía primaria mediante o deseño e desenvolvemento dunha motocalefacción.Si24.3734.0702.44710.890

Muñoz Camacho, EugenioPGIDT01ENR16601

AF

Formación de grupo.Non24909704901.950

Vázquez Vázquez, ManuelPGIDT01ENR30303

PN

Investigación técnica para o desenvolvemento de micro-redes fotovoltaicas híbridas multiusuario.Non19201.8302.750

2. Axudas concedidas a proxectos I+D empresarial nas áreas de eficiencia enerxética e enerxías renovables.

EmpresaCIF/NIFTítulo do proxectoAplicación orzamentaria 08.02.432-A.770.2

I+D enerxía

Investimento subvencionableImporte da subvención

Ano 2001Ano 2002Ano 2001Ano 2002

Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y MariscosG-36625309Estudio da viabilidade do tratamento de residuos mediante pirólise, para a obtención de enerxía.10.000.00004.500.0000

Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L.B-15710585Recolla de datos de vento nas áreas seleccionadas, preselección e resolución de modelos, avaliación comparativa de resultados e implementación do modelo elixido no programa de micro-siting.672.4806.673.500

Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y MariscosG-36625309Desenvolvemento dunha guía de aforro e eficiencia enerxética no sector de conservas de peixe e marisco.6.600.00002.970.0000

Total17.272.4806.673.5007.470.000

ANEXO II

Denegadas

1. Axudas denegadas a grupos de investigación que realicen investigación aplicada nas áreas de eficiencia enerxética e enerxías renovables.

Non foi denegada ningunha solicitude.

2. Axudas denegadas a proxectos I+D empresarial nas áreas de eficiencia enerxética e enerxías renovables.

* Empresa/entidade: Club Universitario Dínamo.

CIF/NIF: G-15653348.

Definición do proxecto: publicación do libro Energías: presente y futuro.

Investimento:

Ano 2001: 1.000.000 de pesetas.

Ano 2002: 2.000.000 de pesetas.

Importe da subvención:

Ano 2001: 0 pesetas.

Ano 2002: 0 pesetas.

Causa da denegación: non cumprir cos requisitos da convocatoria.

* Empresa/entidade: Ferroatlántica, S.L.

CIF/NIF: B-80420516.

Definición do proxecto: elaboración de silicio para paneis solares.

Investimento:

Ano 2001: 31.769.500 pesetas.

Ano 2002: 0 pesetas.

Importe da subvención:

Ano 2001: 0 pesetas.

Ano 2002: 0 pesetas.

Causa da denegación: o devandito proxecto foi subvencionado a través da orde da Consellería da Presidencia do 7 de marzo de 2001, do programa apoio a I+D industrial do Plan Galego de Investigacións e Desenvolvemento Tecnolóxico.