Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.172

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 precisa contrata-lo servicio de arrendamento e mantemento de equipos informáticos.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo; praza Martín Herrera, nº 2, 2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 22 de outubro de 2001 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, desde o día 8 ata o 22 de outubro de 2001 (incluídos). Para máis información chamen o teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2001.

Carmen Rial Lobatón

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia 061