Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS

EDICTO.

Anúnciase concurso público para a adxudicación dos traballos de realización dunha auditoría ambiental nos concellos da Mancomunidade do Salnés, de acordo cos pregos de perscricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares aprobados para o efecto; o orzamento de licitación é de 12.000.000 de pesetas.

As proposicións presentaranse no rexistro da mancomunidade (con sede no Concello de Cambados), das 9 ás 14 horas, durante os 15 días seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, en sobres pechados, coa documentación e características esixidas no prego de cláusulas administrativas.

O acto de apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello de Cambados, ás 12 horas do día hábil seguinte ó remate do prazo de dous días establecido para emenda de defectos materiais da documentación, se procedese.

O prego (no que se inclúe o modelo de proposición), e a restante documentación poderán solicitarse na secretaría da mancomunidade.

Cambados, 21 de setembro de 2001.

José M. Cores Tourís

Presidente da Mancomunidade do Salnés