Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 25 de setembro de 2001, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector D-1 da zona D das normas subsidiarias de planeamento de San Cibrao das Viñas (Ourense), redactado polo arquitecto Miguel Pérez Moreiras, por iniciativa da sociedade Suido, S.L. e outros.

Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publicando o acto de aprobación definitiva no BOP e DOG, e comunicarllo á consellería competente en materia urbanística, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo.

San Cibrao das Viñas, 26 de setembro de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa