Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2001 Páx. 13.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2001 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da asistencia técnica para a realización dos traballos consistentes na redacción dun plan directorio de estratexias nos municipios da área territorial de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto: a) Realización dos traballos de redacción dun plan directorio de estratexias. b) Prazo: catorce meses. c) Lugar: Marín, Poio, Vilaboa e Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento: 372.052,02 euros (62.080.600 pesetas), IVE incluído e todo xénero de gastos.

5. Garantías: provisional: 7.462,24 euros (1.241.612 pesetas). Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación (praza de España, s/n 36071 Pontevedra), no prazo de cincuenta e dous (52) días naturais a partir do día seguinte ó do envío deste anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas (data de envío: 4 de setembro de 2001, polo que o prazo finaliza o 25 de outubro de 2001). Teléfono 986 80 43 00. Fax 986 86 01 02.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite: 25 de outubro de 2001 (cincuenta e dous días naturais contados a partir do día seguinte ó de envío deste anuncio ó DOCE). b) Documentación que hai que presentar: cláusula III.2 do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello (horario: das 8 ás 13.30 horas).

8. Apertura das ofertas: o día 5 de novembro de 2001, ás 9 horas.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Equipo pluridisciplinar: valorara o currículum individual dos profesionais asignados á realización dos traballos, así como a súa experiencia na realización de traballos en común en materias relacionadas co obxecto do contrato, así como o número de profesionais e nivel de titulación igualmente relacionado co obxecto do contrato: ata 40%.

2. Programa: valorarase a adecuación da metodoloxía proposta ós obxectivos perseguidos, así como a realización de traballos complementarios que permitan un mellor desenvolvemento do contrato: ata 30%.

3. Medios materiais: valorarase a adscrición dos medios materiais que o licitador asigne para a realización dos traballos e, en especial, a apertura de oficina na cidade de Pontevedra durante o proceso de elaboración dos traballos, téndose en conta a situación e superficie do local: ata o 25%.

4. Proposición económica: valorarase a minoración no tipo de licitación: ata o 5%.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos e impostos dos anuncios de licitación e os da formalización do contrato e cantos outros estean legalmente establecidos sobre estas materias.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 4 de setembro de 2001.

Pontevedra, 4 de setembro de 2001.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral