Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a selección dunha entidade colaboradora da Seguridade Social para a cobertura de riscos derivados de accidentes de traballo e enfermidades profesionais do persoal do organismo autónomo Universidade Popular do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Universidade Popular do Concello de Vigo. Dependencia: Universidade Popular.

2. Obxecto do contrato. Descrición: selección dunha mutua de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais para a celebración dun convenio para a cobertura dos riscos derivados de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais e invalidez, morte e supervivencia do persoal do organismo autónomo Universidade Popular do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento.

5. Garantías. Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 28.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 15 días hábiles seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP. Documentación: a esixida na cláusula VI do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 24 de setembro de 2001.

Ana Gandón Menduíña

Presidenta da xunta rectora da Universidade Popular