Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 23 de agosto de 2001, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación que se menciona a continuación, de conformidade co disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; este exponse ó público polo prazo de 8 días para os efectos oportunos do seu exame e reclamacións.
Contratación das obras de edificio mixto: 3ª fase: centro socio-cultural xuvenil e da terceira idade.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Anuncio de contratación.
Simultaneamente, e de conformidade co establecido no artigo 122.2º do citado real decreto lexislativo, anúnciase a licitación, por un prazo de 13 días, aínda que se aprazaría no suposto de que se
presentasen reclamacións contra o prego de condicións.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Palas de Rei.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: construcción de edificio mixto. 3ª fase: centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade.
b) Prazo de execución: un ano contado a partir da data de notificación da adxudicación.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 39.828.821 pesetas (239.376,03 euros).
5. Garantías.
a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.
b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Palas de Rei, avda. de Compostela, 28, 27200 Palas de Rei. Lugo. Teléfono: 982 38 00 01. Fax: 982 37 40 15.
b) Data límite de obtención de documentación e información: día anterior hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo C, subgrupos 02, 03, 04, 05, 06, 07, 08, 09. Categoría D.
b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: trece días naturais desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Palas de Rei, das 9 ás 14 horas. Admítense propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciando ó Concello de Palas de Rei a remisión da oferta, mediante fax, télex ou telegrama no mesmo prazo.
d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la oferta: 2 meses.
e) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello de Palas de Rei.
b) Data: o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.
c) Hora: 12 horas.
10. Outra información: Servicio de Contratación do Concello de Palas de Rei.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Palas de Rei, 4 de setembro de 2001.
O alcalde en funcións
Rubricado