De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de expediente de afección de bens pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Central de Recadación desta dirección xeral, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2001.
María Casais Mira
Directora xeral de Tributos
ANEXO
Debedor: J.A. Master, S.L.
NIF/CIF: B-36757357.
Importe: 279.767.
Zona de recadación: Vigo.