Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Francisco Javier Dios Covelo).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Central de Recadación desta dirección xeral, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2001.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor: Francisco Javier Dios Covelo.

NIF/CIF: 36072393-K.

Importe: 272.000.

Zona de recadación: Vigo.