Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.093

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 243/2001, do 18 de setembro, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse como membros titulares e suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, de acordo coa proposta da CIG:

Titulares:

Fernando R. Acuña Rúa.

Manuel Currás Meira.

Suplentes:

Xesús M. Mosquera Baamonde.

Xurxo Cordero Novo.

Fernando Martínez Randulfe.

Santiago de Compostela, dezaoito de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente