Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 12.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 229/2001, do 20 de setembro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, de dous inmobles situados na rúa Alfredo Brañas, polígono de Abuín-Lamas de Prado, no termo municipal de Lugo, feita polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo acordou, mediante resolución do director xeral do 6 de marzo de 2001, a cesión a título gratuíto da propiedade de dous inmobles, para fins de utilidade pública ou interese social da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da dita lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Instituto Galego da Vivenda e Solo acordou a cesión, a título gratuíto e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de setembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase, nos termos fixados na resolución da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e

Solo do 6 de marzo de 2001, a cesión a título gratuíto feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia dos seguintes inmobles:

1. Local comercial número catro, da planta baixa do edificio ou bloque de vivendas sito na cidade de Lugo, na confluencia das rúas Serra de Outes, Lamas de Prado e Alfredo Brañas; o seu acceso realízase desde a rúa Alfredo Brañas, cunha superficie útil de 49,26 m; que linda: pola fronte, oeste, rúa Alfredo Brañas; dereita entrando, sur, local comercial número cinco, inmediato ó portal número tres; esquerda entrando, norte, co portal número dous; e pola súa parte posterior, leste, co patio de luces e cuarto de contadores do portal número dous. Figura inscrito inscrito no tomo 1.084, libro 645, folio 51, predio nº 63.296, inscrición 1ª.

2. Local comercial número cinco, da planta baixa do edificio ou bloque de vivendas sito na cidade de Lugo, na confluencia das rúas Serra de Outes, Lamas de Prado e Alfredo Brañas; o seu acceso realízase desde a rúa Alfredo Brañas, cunha superficie útil de 48,63 m; que linda: pola fronte, oeste, rúa Alfredo Brañas; dereita entrando, sur, co portal número tres; esquerda entrando, norte, co local comercial número catro; e pola súa parte posterior, leste, co patio de luces e cuarto de contadores do portal número tres. Figura inscrito no tomo 1.084, libro 645, folio 52, predio nº 63.298, inscrición 1ª.

Artigo 2º

Os locais que se ceden destinaranse ó desenvolvemento de actividades con distintos colectivos sociais (maiores, minusválidos, marxinados, etc.) no marco dos programas de intervención social da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais destinados a mellora-lo nivel de benestar, integración e condicións de vida destes colectivos.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no rexistro da propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vinte de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda