Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 14-8-2001, o estudio de detalle para a ordenación de volumes e reaxuste de aliñacións na unidade de actuación centro-sur número 17 (rúa Rei Don García) do PXOU vixente, solicitado por

Manuel Vázquez Pedrouzo en representación de Construcciones Pedrouzo, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 3 de setembro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área