O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Nº referencia expediente: C. 225/2001.
Obxecto: subministración de publicacións periódicas do ano 2002 para a biblioteca do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza.
Orzamento: 35.200.000 pesetas (211.556,26 euros).
1. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de subministración.
2. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta semisoto do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.
7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 20 de setembro de 2001.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña