Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2001 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Torre, xunto co proxecto e o estudio de avaliación ambiental do concurso PO/5/127.

No organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Torre, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención á clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985, segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións

de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia, praza Camilo Díaz Valiño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da última das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Silleda (Pontevedra).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza Camilo Díaz Valiño s/n (edificio da estación de autobuses), 15781 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: rúa Eduardo Pondal, nº 64, 36003 Pontevedra.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: rúa dos Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

* Concello de Silleda: rúa X. Franco, 31, 36540 Silleda (Pontevedra).

-Estudio de efectos ambientais do proxecto:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza Camilo Díaz Valiño s/n (edificio da estación de autobuses), 15781 Santiago de Compostela.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: rúa dos Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: rúa Nova de Abaixo, nº 2, 36071 Pontevedra.

* Concello de Silleda: rúa X. Franco, 31, 36540 Silleda (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios.

Peticionario e promotor: Arcos de Grava, S.L.

Enderezo: avda. do Parque, nº 15, Silleda (Pontevedra).

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Torre ou Oisa.

* Os aspectos máis destacados son:

Corrente de derivación: Torre ou Oisa.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 1,10 m/s.

Cota de toma: 360.

Cota de restitución: 315.

Desnivel (salto bruto): 45 m.

Altura máxima sobre o leito: 3 m.

Potencia xerador: 400 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Silleda (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude: o azude de derivación no río Torre ou Oisa constitúeo unha presa de cachotería cunha altura desde alicerces de 3,50 m.

Conducción de carga: esta conducción, feita de poliéster reforzado con fibra de vidro, iníciase no azude e despois da válvula de illamento, e remata na conexión coa tubaxe forzada. A lonxitude total da conducción é de 280 m e terá un diámetro de 100 cm.

Tubaxe forzada: a tubaxe forzada terá unha lonxitude total de 90 m e un diámetro interior de 600 mm, cun espesor variable de entre 6 e 8 mm.

Central e canle de restitución: a central estará formada por un edificio convencional de dimensións exteriores en planta de 8x11 m. A canle de restitución das augas que volven ó río está formada por unha galería, na súa primeira fase cuberta e, posteriormente, ó saír da central, descuberta e en rampla ascendente ata chegar ó leito natural do río. Nese punto colocarase un muro de 50 cm de altura

para evita-la entrada de materiais grosos e a entrada de peixes. A sección será rectangular, de dimensións 1,50x1,50 m.

Equipos electromecánicos: o equipo que se vai instalar será unha turbina tipo Francis de eixe horizontal para 1,10 m/s de caudal máximo e 44 m de salto neto nominal. Disporase tamén dun xerador síncrono trifásico de eixe horizontal.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.