Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL CENTRAL

ACORDO do 19 de setembro de 2001 polo que se aproban os modelos de actas que van utiliza-las xuntas e as mesas electorais nas eleccións ó Parlamento de Galicia convocadas por decreto do presidente da Xunta de Galicia 197/2001, do 27 de agosto.

A Xunta Electoral Central, na súa reunión do día 19 de setembro de 2001, acordou, de conformidade co establecido no artigo 19.1º f) da Lei orgánica do réxime electoral xeral, e segundo a proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, aproba-los seguintes modelos de actas específicas que se van utilizar nas eleccións ó Parlamento de Galicia convocadas por decreto do presidente da Xunta de Galicia 197/2001, do 27

de agosto, e que se van celebrar o 21 de outubro de 2001:

-Modelo EPG 7.1: acta de constitución da mesa electoral. Anexo 1.

-Modelo EPG 7.2: acta de escrutinio da mesa electoral. Anexo 2.

-Modelo EPG 7.3: acta de sesión da mesa electoral. Anexo 3.

-Modelo EPG 9.1: acta de constitución da xunta para o escrutinio xeral. Anexo 4.

-Modelo EPG 9.2: acta de escrutinio. Anexo 5.

-Modelo EPG 9.3: acta das sesións do escrutinio. Anexo 6.

-Modelo EPG 9.4: acta de proclamación. Anexo 7.

Pazo do Congreso dos Deputados, 19 de setembro de 2001.

Enrique Cancer Lalanne

Presidente