Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001 pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000905/2001 JL (dereitos fundamentais), interposto polo sindicato Unión Xeral de Traballadores-UGT e a Confederación Intersindical Galega-CIG contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 13 de xuño de 2001, pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada para o día 15 de xuño de 2001.

Na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia estase a tramitar recurso contencioso-administrativo 01/0000905/2001 JL (Dereitos fundamentais), interposto polo sindicato Unión Xeral de Traballadores-UGT e a Confederación Intersindical Galega-CIG contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 13 de xuño de 2001, pola que e dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada para o día 15 de xuño de 2001.

En consecuencia, esta consellería acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo referido ó tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública