Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.773

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 10/2001, do 17 de setembro, do Plan galego de estatística 2002-2006.

1

A Lei 9/1988, de estatística de Galicia, modificada pola Lei 7/1993, estableceu o marco legal que regula e desenvolve a actividade estatística en Galicia co obxecto de obter información suficiente, fiable e comparable da realidade económica, social e demográfica da Comunidade Autónoma.

Nesa lei instituíase o Plan galego de estatística como o instrumento da ordenación e planificación desta actividade, mediante a progresiva constitución do sistema estatístico de Galicia, entendendo por este o conxunto ordenado e harmónico de métodos, procedementos e resultados estatísticos dos diferentes axentes institucionais del.

A Lei 6/1997, do 31 de xullo, do Plan galego de estatística 1998-2001, foi o primeiro exercicio de planificación que canalizou a actividade estatística da Comunidade Autónoma, establecendo unha definición previa de obxectivos e determinando unhas regras sobre prioridades para a toma de decisións das institucións públicas e dos axentes sociais. Este sistema foi consolidándose nos correspondentes programas estatísticos anuais.

2

Logo de esgotarse a vixencia do anterior plan procédese á aprobación dun novo mediante esta Lei do Plan galego de estatística 2002-2006. A través dun sistema de planificación por obxectivos, esta persegue o desenvolvemento e a consolidación do sistema estatístico de Galicia, de xeito que lles proporcione ás institucións públicas, ós axentes económicos e sociais e ós cidadáns en xeral información suficiente e coherente que permita coñecer mellor e analiza-la realidade demográfica, social, económica e ambiental de Galicia.

Para a consecución do obxectivo xeral establécense obxectivos específicos de información, organización e instrumentais.

Os obxectivos específicos de información desenvolveranse nos programas estatísticos anuais, que teñen como finalidade a consecución progresiva dun conxunto de estatísticas oficiais completo, coherente, actualizado e comparable co contorno.

Os obxectivos específicos de organización establécense co fin de contribuír á estructuración e ó desenvolvemento do sistema estatístico de Galicia ó longo do vindeiro quinquenio.

Por último, preséntase un conxunto de obxectivos instrumentais, dirixidos a desenvolver aquelas actividades necesarias para asegura-la calidade e conexión do sistema estatístico cos usuarios.

Ademais, esta lei organiza as relacións de colaboración institucional entre a Xunta de Galicia e as entidades públicas territoriais e non territoriais galegas, locais, autonómicas, estatais, europeas e internacionais para a constitución dun sistema estatístico integral de Galicia e establece as funcións do Instituto Galego de Estatística na execución deste plan.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei, a Lei do Plan galego de estatística 2001-2006.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1

O Plan galego de estatística 2002-2006, establecido por esta lei, é o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2

O Plan galego de estatística 2002-2006 constitúe o instrumento marco da colaboración institucional da Xunta de Galicia e dos seus organismos e empresas coas entidades públicas territoriais e non territoriais galegas para ampliar e afondar progresivamente no sistema estatístico integral de Galicia.

É, así mesmo, o instrumento marco da colaboración institucional da Xunta de Galicia e dos seus organismos e empresas con outras entidades públicas locais, estatais ou autonómicas, así como europeas ou internacionais, para aproveitar ó máximo as informacións dispoñibles, evitando duplicidades innecesarias nas operacións de recollida de datos ou en calquera outra, e logra-la progresiva coherencia, homoxeneidade e comparabilidade do sistema estatístico de Galicia cos do seu contorno.

Artigo 3

O Plan galego de estatística 2002-2006 establece os seus obxectivos para o período de tempo comprendido entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2006. Non obstante, este quedará prorrogado ata a entrada en vigor do seguinte, no suposto de non aprobarse un novo Plan galego de estatística ó seu vencemento, agás no relativo a aquelas operacións que deban excluírse en virtude de prazos ou períodos establecidos.

Artigo 4

A Xunta de Galicia, os seus organismos e empresas e mailas entidades públicas territoriais e non territoriais galegas elaborarán as actividades estatísticas que lles encomenden o Plan galego de estatística e os programas anuais que o desenvolvan, directamente ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas, mediante a formalización de acordos, convenios ou contratos.

Todos eles quedarán obrigados ó cumprimento das normas sobre o segredo estatístico, aínda despois de concluí-los citados acordos, convenios ou contratos.

Artigo 5

O Instituto Galego de Estatística é o organismo responsable de levar a termo este plan e os programas estatísticos anuais, sexa directamente ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas.

Para estes efectos, compételle ó instituto:

a) Elaborar cada ano o proxecto de programa estatístico anual, así como levar a cabo as actividades previas e preparatorias que se requiren para o cumprimento dos preceptos desta lei.

b) Presta-los servicios de apoio técnico que requiran as diferentes administracións públicas galegas ás que este plan e os correspondentes programas anuais lles encomenden a elaboración de estatísticas.

c) Levar a cabo as actividades estatísticas que lle encomenden este plan e os programas anuais que o desenvolven.

d) Elaborar e promove-la tramitación e aprobación dos proxectos de normas técnicas e reguladoras de estatísticas que prevé a Lei de estatística de Galicia ou que lle encomenden este plan e os correspondentes programas anuais.

e) Promove-la investigación, o desenvolvemento, o perfeccionamento e a aplicación da metodoloxía estatística en colaboración coas demais administracións públicas.

f) Promove-lo perfeccionamento do persoal estatístico e a divulgación necesaria entre os usuarios de estatísticas para facilita-lo seu correcto uso.

g) Velar polo cumprimento da lexislación sobre estatística por parte das diferentes administracións públicas galegas ás que este plan e os correspondentes programas anuais lles encomenden a elaboración de estatísticas.

h) Ter dispoñibles, difundir e facer públicos os resultados das estatísticas comprendidas no Plan estatístico e nos correspondentes programas anuais.

i) Realiza-lo seguimento das estatísticas incluídas neste plan.

j) Establece-las relacións necesarias en materia estatística coas entidades citadas no artigo 2.

Artigo 6

Considéranse actividades estatísticas as que conduzan á compilación, elaboración, ordenación sistemática de datos e publicación e difusión de resultados, conforme establece o artigo 2 da Lei de estatística de Galicia, así como as que sexan previas ou complementarias das anteriores e legalmente esixibles ou tecnicamente necesarias para poder cumpri-los requisitos que establece a lexislación sobre estatística e as de formación, investigación e desenvolvemento técnico, metodolóxico e normativo no eido estatístico.

Capítulo II

Obxectivos do Plan estatístico

Artigo 7

O obxectivo xeral do Plan galego de estatística 2002-2006 é desenvolver e consolida-lo sistema estatístico de Galicia e conseguir un conxunto coherente, fiable e actualizado de datos estatísticos que, co mínimo custo posible e co máximo aproveitamento das fontes existentes, lles permita ás institucións públicas, ós axentes económicos e sociais e ós cidadáns en xeral coñecer mellor e analiza-la realidade demográfica, social, económica e ambiental de Galicia, minimizándolle-las molestias ós cidadáns e garantindo o segredo estatístico.

Artigo 8

O obxectivo xeral establecido no artigo 7 será o criterio básico esencial para a toma de decisións de tódolos organismos implicados na execución do plan e servirá de primeiro criterio interpretativo para a aplicación desta lei e das disposicións para o seu cumprimento e desenvolvemento.

Artigo 9

Para a consecución do obxectivo xeral establécense os seguintes obxectivos específicos:

a) Obxectivos de información, encamiñados a satisface-las necesidades de datos e resultados estatísticos.

b) Obxectivos de organización, dirixidos a consegui-lo uso máis racional dos recursos e das informacións dispoñibles polas distintas administracións públicas.

c) Obxectivos instrumentais, dirixidos a desenvolve-las normalizacións e os procedementos metodolóxicos necesarios para a correcta realización da actividade estatística.

Artigo 10

Os obxectivos específicos de información son os seguintes:

a) Afondar na demografía e na súa relación con outras áreas.

b) Impulsar e diversifica-las estatísticas sociais, así como aqueles indicadores que permitan aproxima-lo coñecemento dos diferentes aspectos que inflúen no benestar social e na calidade de vida da poboación.

c) Afondar na información de carácter económico, de xeito que poida establecerse un seguimento rigoroso e actualizado da evolución económica.

d) Afondar na información ambiental para conseguir un coñecemento máis preciso da evolución do medio ambiente.

Para cada un destes obxectivos específicos fíxanse metas concretas que se incorporan no anexo 1.

Artigo 11

Os obxectivos específicos de organización son os seguintes:

a) Consolida-la organización do sistema estatístico de Galicia, para garanti-lo dereito dos cidadáns á

información das estatísticas oficiais, o respecto á intimidade, o segredo estatístico, o rigor e a corrección técnica das estatísticas realizadas, a difusión dos resultados e maila seguridade no almacenamento e na transmisión da información.

b) Propicia-la colaboración institucional do sistema estatístico de Galicia co da Unión Europea, o estatal e o doutras administracións públicas autonómicas ou locais, que permita aproveita-las fontes existentes, realizar proxectos conxuntos, aforrar recursos e evita-la duplicidade de información a cidadáns e empresas.

Artigo 12

Os obxectivos específicos instrumentais son os seguintes:

a) Potencia-las canles de información estatística, que permitan o establecemento dun sistema integrado de difusión estatística de Galicia, mediante o uso de novas tecnoloxías da información. A difusión debe responder ós criterios de celeridade, actualización da información e accesibilidade por parte dos usuarios ós diferentes bancos de datos, sempre no marco do máis absoluto respecto do segredo estatístico.

b) Desenvolve-las actividades de formación especializada e de perfeccionamento profesional en estatística pública en Galicia, que lles permitan ó persoal do sistema estatístico de Galicia así como a outros profesionais e usuarios un maior coñecemento dos métodos, das técnicas e das fontes estatísticas.

c) Impulsa-la investigación estatística, tanto en aspectos metodolóxicos coma nos aplicados a temas de interese para a Comunidade Autónoma, que contribúan a mellora-lo coñecemento da realidade demográfica, social, económica e ambiental.

d) Promove-la normalización, homoxeneidade e posibilidade de comparación da información proporcionada polo sistema estatístico de Galicia respecto do estatal e do da Unión Europea.

e) Contribuír á estructuración informática integrada do sistema estatístico de Galicia e ó desenvolvemento de sistemas de información.

f) Desenvolve-la referenciación territorial da información estatística de Galicia, tomando como referencia os contidos dos sistemas de información xeográfica existentes ou que no futuro poidan existir en Galicia.

g) Formular, organizar e actualizar periodicamente un inventario da información estatística existente sobre Galicia.

Para cada un destes obxectivos específicos fíxanse metas concretas que se incorporan no anexo 2.

Capítulo III

Desenvolvemento do Plan estatístico

Artigo 13

O Plan galego de estatística 2002-2006 desenvolverase anualmente a través dos correspondentes programas estatísticos anuais.

Artigo 14

O proxecto do programa estatístico anual será elaborado polo Instituto Galego de Estatística antes do 15 de outubro do ano anterior a aquel ó que se refire o programa.

Correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de consulta a tódalas institucións afectadas polo plan, aprobar por decreto os programas estatísticos anuais, do que se lle dará conta ó Parlamento de Galicia mediante unha comparecencia específica.

A vixencia de cada programa estatístico anual coincidirá co ano natural, sen prexuízo da súa prórroga mentres non se aprobe o seguinte, respecto das actividades estatísticas de necesaria continuidade pola súa propia natureza.

Artigo 15

O director do Instituto Galego de Estatística realizará un informe de seguimento de cada programa estatístico anual para a súa aprobación polo Consello Galego de Estatística, se procede, e daralle conta del ó Parlamento de Galicia.

Así mesmo formulará a proposta de avaliación do Plan galego de estatística 2002-2006 unha vez finalizado, para os efectos da súa aprobación polo Consello Galego de Estatística e para coñecemento e debate no Parlamento de Galicia.

Artigo 16

O programa estatístico anual consistirá na descrición precisa das actividades estatísticas que se levarán a termo durante o ano para o desenvolvemento dos obxectivos e en cumprimento dos preceptos desta lei.

En concreto, a identificación das metas de información incluirá:

a) Unha descrición normalizada da finalidade que se pretende.

b) Unha estimación normalizada do grao de complexidade técnica, metodolóxica e organizativa.

c) Unha estimación normalizada do seu custo medio anual.

d) Unha estimación normalizada do tempo que transcorra entre o inicio efectivo da actividade e a dispoñibilidade dos primeiros resultados.

Para a identificación normalizada das metas de información adóptanse as regras que se definen no anexo 3 desta lei.

Artigo 17

As actividades que se inclúan nos programas estatísticos anuais, co fin de satisface-los obxectivos de información, terán que cumpri-los seguintes requisitos:

a) Terán que dispoñer dun proxecto técnico básico para garanti-la solvencia das actividades estatísticas que se van desenvolver.

b) Deben axustarse á legalidade e á normativa técnica vixente en materia estatística.

c) A súa metodoloxía debe permiti-la obtención de resultados fiables e a súa comparación con outras estatísticas similares.

d) Deben permiti-la súa actualización periódica nos casos en que sexa procedente.

e) Deben realizarse coa máxima desagregación territorial tecnicamente posible, cando esta sexa considerada de interese.

f) Non deben implicar duplicidade ou solapamento innecesario de traballos estatísticos existentes.

g) Deben preve-la forma de difusión dos seus resultados.

Igualmente poderán incluírse nos programas estatísticos anuais actividades que atendan ós seguintes criterios preferentes:

a) Contribuír a completar e harmoniza-lo conxunto das estatísticas dispoñibles sobre Galicia.

b) Aproveita-las fontes de información estatísticas e administrativas preexistentes.

c) Facilita-la creación e o mantemento de directorios que permitan establecer censos e marcos de mostraxe para mostras estatísticas.

d) Presentar unha relación custo/beneficio óptima, entendendo o factor custo como a combinación do custo económico e do grao de complexidade técnica, metodolóxica e organizativa, e entendendo o factor beneficio como o grao de acercamento ós requisitos e criterios descritos nas letras anteriores.

Artigo 18

A identificación e descrición no programa estatístico anual dunha meta de información comportará a declaración de interese público desta.

Artigo 19

As metas de información incluídas no Plan galego de estatística 2002-2006, nos programas estatísticos anuais e as previstas nos convenios a que se refire o capítulo IV desta lei terán a consideración de estatísticas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, sendo obrigatoria a subministración dos datos que se soliciten para a súa elaboración.

Artigo 20

Co fin de garanti-lo cumprimento dos preceptos desta lei, encoméndaselle ó Instituto Galego de Estatística que preste o apoio técnico requirido polos organismos encargados da elaboración de estatísticas que respondan ós obxectivos específicos deste plan.

Artigo 21

A inclusión dunha actividade estatística no programa estatístico anual así como a súa realización estarán suxeitas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias e organizativas.

Artigo 22

A aprobación dos resultados das actividades estatísticas incluídas neste plan que non sexan responsabilidade do Instituto Galego de Estatística observará o seguinte procedemento:

a) As propostas de aprobación dos resultados estatísticos deben ser remitidas previamente polos organismos responsables ó Instituto Galego de Estatística, que emitirá un informe preceptivo sobre o cumprimento das normas reguladoras que sexan aplicables.

b) Para a elaboración deste informe, o Instituto Galego de Estatística poderá requirir toda a información que considere necesaria do organismo ou da entidade pública que levase a cabo a actividade, así como efectuar calquera outra actuación que estime conveniente para a verificación do proceso de realización da actividade e da súa adecuación ás normas reguladoras.

c) Se o informe é favorable, o Instituto Galego de Estatística aprobará con carácter provisional os resultados e daralles conta ó Consello Galego de Estatística e á Xunta de Galicia.

Se transcorrido o prazo de tres meses non se reciben obxeccións expresas a aqueles, quedarán aprobados definitivamente e serán publicados no Diario Oficial de Galicia, e pasarán a partir da data de publicación a ser aplicables obrigatoriamente ás relacións e situacións xurídicas nas que a Comunidade Autónoma de Galicia teña competencia para impoñelos.

Artigo 23

Co fin de consegui-lo obxectivo xeral do Plan estatístico establecido polo artigo 7, a difusión dos resultados das actividades estatísticas debe responder ós principios de actualidade dos datos e de celeridade na difusión, con especial atención ás novas tecnoloxías da información.

Artigo 24

Co fin de facer efectiva a obrigación do Instituto Galego de Estatística de velar polo cumprimento das normas vixentes sobre estatística, e en particular das que prevé este plan e as súas normas de desenvolvemento, atribúeselle ó instituto a facultade inspectora das actividades estatísticas sometidas ó plan.

Capítulo IV

Colaboración institucional

Artigo 25

O Plan galego de estatística 2002-2006 poderá incorporar no seu proceso de execución actividades estatísticas que sexan de interese especial para as entidades públicas territoriais e non territoriais galegas, ben se trate de actividades en curso ou de nova implantación.

Artigo 26

As entidades públicas territoriais e non territoriais galegas poderán solicita-la colaboración do Instituto Galego de Estatística para a realización de actividades estatísticas sempre que estas teñan algunha das seguintes finalidades:

a) Realizar integramente estatísticas que consideren do seu especial interese, sempre que a proposta cumpra os obxectivos do Plan estatístico.

b) Incluír aspectos que consideren do seu especial interese nas estatísticas que se realicen en execución do plan.

c) Desagrega-los datos ou os productos de difusión que consideren do seu especial interese, derivados das estatísticas que se realicen en execución do plan.

Artigo 27

Así mesmo, o Instituto Galego de Estatística poderá dirixirse ás entidades públicas territoriais ou non territoriais galegas para propoñe-la realización de estatísticas ou actividades estatísticas complementarias que considere de interese para o cumprimento do obxectivo de organización e dos outros obxectivos deste plan.

Artigo 28

A colaboración institucional prevista nos artigos 26 e 27 precisarase mediante o correspondente convenio, o cal deberá incluír:

a) Memoria xustificativa e descritiva da proposta e do interese para as entidades públicas territoriais ou non territoriais destinatarias, así como da súa adecuación ós obxectivos do plan.

b) Descrición das actividades de asistencia técnica e dos medios que o Instituto Galego de Estatística poñería ó servicio da realización da operación ou actividade estatística.

e) Proposta de financiamento da actividade estatística ou dos custos adicionais que supoña.

Artigo 29

O Instituto Galego de Estatística poderá dirixirse a entidades locais, autonómicas, estatais, europeas ou internacionais para lles propoñe-la colaboración na realización de estatísticas ou de actividades estatísticas complementarias ou instrumentais se se considera de interese para o cumprimento dos obxectivos deste plan.

Esta colaboración institucional establecerase mediante o correspondente convenio entre o Instituto Galego de Estatística e as entidades de que se trate.

En particular, establécese como obxectivo prioritario o impulso da cooperación transfronteiriza en materia estatística coa rexión norte de Portugal.

Disposición adicional única

Modifícase o punto 2 do artigo 34 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, que quedará redactado da seguinte forma:

«2. Corresponderalle ó Instituto Galego de Estatística a iniciación e instrucción dos expedientes sancionadores por infraccións administrativas en materia estatística. A competencia para dicta-la resolución que poña fin ó procedemento corresponderalles ó conselleiro de Economía e Facenda nos casos de infraccións leves e graves e ó Consello da Xunta de Galicia nas infraccións moi graves».

Disposición derrogatoria única

Quedan derrogadas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ó previsto nesta lei, e, expresamente, a Lei 6/1997, do 31 de xullo, do Plan galego de estatística 1998-2001.

Disposición derradeira primeira

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia para que dicte as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Disposición derradeira segunda

Esta lei entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO 1

Metas de información

1. Área de estatísticas demográficas.

1.0.1

Nome: Censo de poboación e vivenda 2001: explotación de resultados.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo:

-Coñece-la estructura e as características da poboación de Galicia.

-Coñece-lo número e as características das vivendas galegas.

-Coñece-las características, a estructura e a tipoloxía dos fogares e das familias galegas.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Extraordinario.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

1.0.2

Nome: Padrón municipal de habitantes: explotación estatística.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-las características básicas da poboación que se recollen no padrón municipal de habitantes o 1 de xaneiro de cada ano.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

1.0.3

Nome: Movemento natural da poboación.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Dispoñer de información actualizada sobre os nacementos, as defuncións e os matrimonios de residentes en Galicia, así como a súa distribución segundo certas variables de interese.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

1.0.4

Nome: Movementos migratorios.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-lo número e as características das migracións que teñen por orixe ou destino algún concello galego.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

1.0.5

Nome: Proxeccións de poboación.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Estima-la distribución futura da poboación galega, formulando os escenarios máis probables con base na análise da información demográfica dispoñible.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

1.0.6

Nome: Proxeccións de fogares.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Establece-las estimacións do número futuro de fogares e/ou familias, atendendo a certas clasificacións básicas.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo longo.

1.0.7

Nome: Series demográficas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Poñer á disposición dos usuarios un conxunto de series que reflictan a evolución no tempo dos distintos fenómenos demográficos clasificados segundo certas características de interese.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

1.0.8

Nome: Indicadores demográficos.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Definir, elaborar e manter un sistema de indicadores demográficos que ofreza unha imaxe de síntese sobre a situación demográfica nos distintos ámbitos territoriais.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2. Área de estatísticas sociais.

Sección 2.1. Estatísticas educativas.

2.1.1

Nome: Rexistro de centros.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: Coñece-la estructura (ensinanzas, grupos...) e os datos identificativos dos centros de ensino de Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.1.2

Nome: Datos estatísticos do ensino non universitario.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: Coñece-las características e a evolución do sistema educativo non universitario de Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.1.3

Nome: Datos estatísticos do sistema universitario.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: Coñece-las características e a evolución do sistema universitario de Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.1.4

Nome: Gasto público en educación.

Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivo: Coñece-los datos sobre o gasto público en educación.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.1.5

Nome: Enquisa de financiamento e gasto do ensino privado.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Obter unha información directa da estructura dos gastos do sector do ensino privado, co detalle dunha clasificación económico-funcional deles, así como coñece-lo financiamento destes gastos mediante unha clasificación dos ingresos segundo a súa procedencia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo longo.

Sección 2.2. Estatísticas sanitarias.

2.2.1

Nome: Análise da mortalidade.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Obte-los datos de mortalidade de Galicia en número de casos e taxas por enfermidades e grupos de enfermidades.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.2.2

Nome: Enfermidades de declaración obrigatoria.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-la incidencia de certas enfermidades transmisibles e de tódolos abrollos, coa intención de evita-la súa difusión no territorio galego e mesmo alén del.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Alto.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.2.3

Nome: Sistema de información microbiolóxica de Galicia (SIMG).

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Co SIMG preténdese, dun modo xenérico, favorece-lo control dos diferentes procesos microbiolóxicos vixiados e identificar axentes novos.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.2.4

Nome: Rexistro de tumores.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-la incidencia e distribución por idade, sexo e área xeográfica e avalia-lo impacto do cancro en Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.5

Nome: Rexistro galego de tuberculose.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Recolle-la información correspondente ós casos de tuberculose de persoas residentes en Galicia e coñece-la súa incidencia e evolución no tempo e certas características da súa presentación na poboación da Comunidade.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.2.6

Nome: Rexistro galego da sida.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Recolle-la información correspondente ós casos de sida de persoas residentes en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.2.7

Nome: Sistema de información do sacrificio de animais de abasto e comercialización da carne.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-la cantidade e algunhas características de interese no sacrificio de animais de abasto e comercialización da carne para facilita-la posta en marcha de programas.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.2.8

Nome: Sistema de información de explotacións agrarias elaboradoras de productos lácteos tradicionais a base de leite cru de vaca.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-la cantidade e algunhas características de interese das explotacións agrarias elaboradoras de productos lácteos tradicionais existentes para facilita-la posta en marcha de programas de control sanitario.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.2.9

Nome: Sistema de información do rexistro sanitario de industrias alimentarias.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-la cantidade e algunhas características de interese das industrias alimentarias existentes para facilita-la posta en marcha de programas de control sanitario.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.2.10

Nome: Sistema de información sobre calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño (marítimas e continentais).

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Conseguir información que permita o desenvolvemento de programas para previ-la morbilidade asociada ó baño, informa-los usuarios das zonas de baño e as autoridades locais do estado sanitario das zonas de baño.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.2.11

Nome: Enquisa de saúde sanitaria e social ás mulleres galegas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Monitoriza-la implantación do Plan integral de atención sanitaria e social á muller e coñece-la cobertura das distintas actuacións preventivas, a prevalencia dos principais factores de risco, os problemas sociais graves, o tipo de axuda solicitada e o grao de satisfacción cos servicios recibidos entre as mulleres de Galicia, así como a actitude das mulleres sobre algúns problemas sociais e de saúde.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.12

Nome: Enquisa sobre o consumo de tabaco entre os profesionais sanitarios.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñecer e monitoriza-lo consumo de tabaco entre os profesionais sanitarios (persoal médico e de enfermería) do Servicio Galego de Saúde (Sergas), así como as súas actitudes e os coñecementos relacionados co tabaco.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.13

Nome: Enquisa de saúde bucodental nos escolares galegos.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñecer e monitoriza-lo estado da saúde bucodental nos escolares galegos, os seus coñecementos sobre a prevención de enfermidades bucodentais e os seus hábitos hixiénicos e alimentarios.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.14

Nome: Enquisa de cobertura vacinal.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñecer de xeito periódico a porcentaxe de poboación galega vacinada nas diferentes idades establecidas nos programas de vacinación.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.2.15

Nome: Estatística de establecementos sanitarios con réxime de internado.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-las características estructurais do sector hospitalario e o seguimento da súa evolución mediante a recollida de información sobre recursos humanos e materiais, actividade asistencial e actividade económica do sector.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.16

Nome: Catálogo de hospitais.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Dispoñer dun directorio de hospitais de Galicia que conteña os principais recursos instalados con independencia da súa titularidade.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.2.17

Nome: Conxunto mínimo básico de datos en hospitais do Sergas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-los procesos de hospitalización.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Extraordinario.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.2.18

Nome: A nosa saúde en cifras.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Elaborar indicadores sobre factores sanitarios e factores condicionantes da saúde que permitirán analiza-lo nivel de saúde da poboación, a súa evolución, etc., como ferramenta indispensable para a elaboración e o seguimento do Plan de saúde.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Alto.

Dispoñibilidade: Prazo longo.

2.2.19

Nome: Servicios de atención primaria de saúde.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-la cobertura e o ámbito de influencia dos servicios sanitarios de atención primaria para a súa incorporación ó proceso de planificación.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi alto.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.20

Nome: Servicios de atención especializada.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-la cobertura e o ámbito de influencia dos hospitais (vinculados, concertados e outros) e centros de especialidades para a súa incorporación ó proceso de planificación.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi alto.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.21

Nome: Servicios especiais de atención sanitaria.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-la cobertura e o ámbito de influencia de servicios especiais (unidades de saúde mental, centros de orientación familiar, unidades de atención ó drogodependente, urxencias sanitarias 061) para a súa incorporación ó proceso de planificación.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.22

Nome: Enquisa sobre o estado da saúde da poboación galega.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-lo estado da saúde da poboación galega e a utilización dos recursos sanitarios a fin de establece-los obxectivos e as liñas estratéxicas do correspondente Plan de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Extraordinario.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.23

Nome: Expedientes de prestacións complementarias e de reintegro de gastos por asistencia en medicina privada.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-lo custo e os pacientes por programas nos expedientes indicados.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.24

Nome: Saúde laboral.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-los indicadores básicos dos procesos de incapacidade temporal acaecidos en Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.25

Nome: Sistema de información farmacéutica: establecementos e servicios de atención farmacéutica.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Dispoñer dun sistema de información no que se especifiquen o número, a carteira de servicios e os recursos dispoñibles das oficinas de farmacia existentes en cada zona farmacéutica, así como dos servicios de farmacia de atención primaria e especializada de Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Alto.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.26

Nome: Prestación farmacéutica.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-la distribución e a evolución da prestación farmacéutica nas catro provincias da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.2.27

Nome: Estudio epidemiolóxico sobre o consumo de drogas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Analiza-la prevalencia e os patróns de consumo de cada droga, os perfís dos consumidores, as motivacións, os factores de risco e as consecuencias do consumo, así como as actitudes da poboación en relación co consumo de drogas.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.2.28

Nome: Sistema de avaliación asistencial de drogodependencias.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Describi-las características dos pacientes atendidos nas unidades asistenciais do Plan de Galicia sobre drogas e avalia-lo proceso terapéutico que se lles dispensa.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.2.29

Nome: Mortalidade por reacción aguda ó consumo de drogas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Monitoriza-la mortalidade por reacción aguda ó consumo de drogas e obter información sobre distintos aspectos tanto descritivos coma causais relacionados co falecemento por este motivo.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.2.30

Nome: Sistema para a avaliación de programas de prevención e incorporación social de drogodependencias.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo:

-Unifica-los sistemas de recollida de información.

-Proporcionar indicadores de avaliación e criterios de análise para valora-los programas.

-Proporcionarlles feed-back ós profesionais para outras avaliacións.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.2.31

Nome: Observatorio de Galicia sobre drogas.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Crear un sistema de recollida de información que permita unha análise eficaz do fenómeno das drogodependencias en Galicia, promovendo a unificación de criterios na referida recollida nos diferentes sistemas existentes, tanto a nivel galego coma estatal e europeo.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

Sección 2.3. Estatísticas de benestar social.

2.3.1

Nome: Directorio de centros de familia, formación, emprego, xuventude e muller.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-la localización, o número, a estructura e as características destas entidades.

Grao dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.3.2

Nome: Situación económica e social da xuventude.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-la situación actual da mocidade galega tanto no aspecto económico coma con respecto ó resto da sociedade.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.3.3

Nome: Estatística de familias numerosas.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-la composición, a localización, o número, a actividade profesional, etc., deste colectivo.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.3.4

Nome: Estatística de adopcións e acollementos.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-la composición, a localización, o número, a situación profesional, o nivel de estudios, etc., destas familias.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.3.5

Nome: Enquisa de condicións de vida das familias.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Estudia-las condicións de vida dos fogares galegos.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Alto.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.3.6

Nome: Consumo das familias.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-lo comportamento do consumo familiar en Galicia a través da explotación da enquisa de orzamentos familiares do Instituto Nacional de Estatística.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.3.7

Nome: Estudio sobre datos demográficos das persoas maiores.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-los perfís e as necesidades dos maiores galegos.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.3.8

Nome: Estatística sobre datos demográficos das persoas discapacitadas menores de 65 anos.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Estudia-lo perfil das persoas discapacitadas menores de 65 anos para coñece-las necesidades deste colectivo.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Alto.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.3.9

Nome: Estatística sobre datos demográficos de beneficiarios da risga e emerxencia social.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Coñece-lo número e a evolución dos beneficiarios da risga e das axudas de emerxencia social.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.3.10

Nome: Directorio de centros de servicios sociais.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Informa-la poboación sobre os centros de servicios sociais existentes en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.3.11

Nome: Directorio de entidades prestadoras de servicios sociais.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Informa-la poboación sobre as entidades prestadoras de servicios sociais existentes en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.3.12

Nome: Censo de persoas con minusvalía dos residentes na Comunidade Autónoma.

Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Obxectivo: Informar sobre o número de persoas con minusvalía de Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.3.13

Nome: Guía de programas de acción voluntaria.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo:

-Fomenta-la participación dos cidadáns en actuacións de voluntariado.

-Promove-los valores socioculturais, humanitarios, ecolóxicos e deportivos da sociedade mediante a acción voluntaria.

-Potencia-lo voluntariado organizado, permitíndolles ós cidadáns poñe-los seus coñecementos e competencias ó servicio de actuacións de interese xeral.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.3.14

Nome: Indicadores sociais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Medir por medio dun conxunto de indicadores a diversidade de aspectos que conforman un concepto (pluridimensional) de benestar.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo longo.

Sección 2.4. Estatísticas culturais e de uso do tempo.

2.4.1

Nome: Directorio de museos.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Ter información sobre a situación dos museos e das coleccións visitables recoñecidos.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.4.2

Nome: Directorio de bibliotecas.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Ofrecer información pública acerca dos servicios de lectura pública existentes na Comunidade Autónoma de Galicia e outros tipos de bibliotecas.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.4.3

Nome: Censo de empresas editoriais.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Coñece-la producción editorial galega.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.4.4

Nome: Directorio de cines e teatros.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Coñece-lo número de salas comerciais e non comerciais que funcionan en Galicia e o aforo de cada unha delas.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.4.5

Nome: Directorio de fundacións e asociacións.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-lo número, a estructura e as características destas institucións.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.4.6

Nome: Carné xove.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-lo número e as características dos usuarios deste carné e das súas familias.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.4.7

Nome: Actividades deportivas da poboación galega.

Organismo responsable: Secretaría Xeral para o Deporte.

Obxectivo: Coñece-los hábitos deportivos da poboación galega.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.4.8

Nome: Censo de instalacións deportivas.

Organismo responsable: Secretaría Xeral para o Deporte.

Obxectivo: Coñece-la localización e as características das instalacións deportivas.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.4.9

Nome: Directorio de federacións e clubs deportivos.

Organismo responsable: Secretaría Xeral para o Deporte.

Obxectivo: Coñece-lo número, a localización e as características das federacións e dos clubs deportivos.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.4.10

Nome: Estatística de xogo.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: Coñece-la información dispoñible sobre o xogo.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

Sección 2.5. Estatísticas da Administración de Xustiza.

2.5.1

Nome: Estudio da asistencia xurídica gratuíta.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: Coñece-la demanda de asistencia xurídica gratuíta existente en Galicia, as pretensións dos solicitantes, os procedementos que hai que seguir e a orde xurisdiccional á que corresponden.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

Sección 2.6. Estatísticas do mercado de traballo.

2.6.1

Nome: Mercado de traballo.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Elaborar información de síntese sobre múltiples aspectos do panorama sociolaboral galego: emprego, relacións laborais, protección social e salarios.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Disponibilidade: Inmediata.

2.6.2

Nome: Enquisa de poboación activa.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Explotar exhaustivamente e difundir trimestralmente os datos sobre a enquisa de poboación activa (EPA) en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.6.3

Nome: Proxeccións de taxas de actividade.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Estima-las taxas de actividade no futuro mercado laboral.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.4

Nome: Tendencias do emprego.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-la evolución do emprego en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.6.5

Nome: Rexistro de contratos laborais.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-lo número e a tipoloxía dos contratos de traballo rexistrados polo Servicio Público de Emprego.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.6.6

Nome: Afiliacións á Seguridade Social.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-las variacións das afiliacións á Seguridade Social.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.6.7

Nome: Informe do paro rexistrado.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-la situación do paro rexistrado na Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.6.8

Nome: Regulación do emprego.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: Coñece-lo número de traballadores afectados por medidas de regulación de emprego en Galicia e as causas polas que se presentaron os expedientes.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.9

Nome: Conciliacións individuais e colectivas.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: Obter información sobre as conciliacións individuais e colectivas levadas a cabo en Galicia por motivo de despedimentos, reclamacións de cantidade e outros motivos.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.10

Nome: Folgas e peches patronais.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: Obter información sobre as folgas e os peches patronais en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.11

Nome: Sancións e demais actuacións públicas en materia laboral.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: Obter información sobre as actas de infraccións estendidas pola Inspección de Traballo en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.12

Nome: Sinistralidade laboral.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: Coñece-la incidencia da sinistralidade laboral en Galicia a través dos comunicados das multas laborais ós centros de seguridade e hixiene no traballo e as condicións de saúde no traballo.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.13

Nome: Eleccións sindicais.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: Coñecer de xeito detallado os resultados das eleccións sindicais en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.14

Nome: Estatísticas de pensións e outras prestacións.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-la estructura e as características das pensións e outras prestacións.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

2.6.15

Nome: Estatística de persoal e salarios nas administracións públicas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-los efectivos das administracións públicas de Galicia e os salarios pagados por estas.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.16

Nome: Directorio de centros de traballo.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: Coñece-la estructura, as características e a localización dos centros de traballo en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.17

Nome: Economía social.

Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Obxectivo: Coñece-la estructura, as características e a localización das cooperativas e sociedades laborais.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.18

Nome: Directorio das oficinas de información xuvenil e para o emprego.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-lo número, as características e a localización destas dependencias.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

2.6.19

Nome: Directorio de escolas obradoiro e casas de oficios.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-lo número e as características deste tipo de centros e do seu alumnado.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

2.6.20

Nome: Directorio de técnicos locais de emprego.

Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Obxectivo: Coñece-la relación e as funcións de tódolos técnicos, axentes de emprego e persoal das unidades de formación e desenvolvemento (UFD).

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3. Área de estatísticas económicas.

Sección 3.1. Conxuntura económica.

3.1.1

Nome: Boletín trimestral de indicadores de conxuntura.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Difundi-las principais series de indicadores sobre a economía de Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.1.2

Nome: Contabilidade trimestral.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Proporcionar unha descrición cuantitativa coherente do conxunto da actividade económica galega no pasado inmediato mediante un cadro macroeconómico trimestral elaborado desde a óptica da oferta e a demanda.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.1.3

Nome: Modelos de previsión socioeconómica.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Estima-la evolución anual dos principais agregados da actividade socioeconómica de Galicia mediante técnicas econométricas que permitan coñece-lo seu crecemento, a súa evolución tendencial e o seu perfil cíclico.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

Sección 3.2. Estatísticas das contas económicas.

3.2.1

Nome: Táboas input-ouput.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Describi-lo proceso productivo e os fluxos de bens e servicios da economía de Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.2.2

Nome: Contas económicas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Analizar e avalia-la estructura da economía galega no seu conxunto e por ramas de actividade económica.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.2.3

Nome: Macromagnitudes agrarias.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Estima-la valoración das produccións agrarias en metodoloxía FAO ou SEC e analiza-la evolución provincial e autonómica da renda agraria e das principais macromagnitudes.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.2.4

Nome: Macromagnitudes da pesca.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-las principais macromagnitudes da pesca en Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.2.5

Nome: Macromagnitudes da industria.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-las principais macromagnitudes da industria en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.2.6

Nome: Macromagnitudes das administracións públicas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-la actividade económica das administracións públicas en Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.2.7

Nome: Macromagnitudes dos servicios.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-las principais macromagnitudes dos servicios en Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.2.8

Nome: Contas satélite.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Satisface-las necesidades específicas de información relativas a diversas materias por decidir (turismo, medio ambiente, educación, sanidade, deportes...).

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo longo.

Sección 3.3. Estatísticas de actividades empresariais.

3.3.1

Nome: Directorio de empresas e unidades locais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Servir de fonte de información nas estatísticas empresariais e nos estudios e análises económicas e proporcionar un marco de referencia para a realización de enquisas por mostraxe e elevación de datos.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.3.2

Nome: Eficacia empresarial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Elaborar indicadores de eficacia que permitan o coñecemento da evolución conxuntural do tecido empresarial galego.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.3.3

Nome: Enquisa de servicios ás empresas.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Investiga-las principais características estructurais e de actividade do sector servicios ás empresas.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

Sección 3.4. Estatísticas comerciais.

3.4.1

Nome: Comercio exterior e intracomunitario.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Cuantificar e analiza-los fluxos de mercadorías de Galicia coa Unión Europea e con terceiros países.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.4.2

Nome: Intercambios comerciais entre Galicia e o resto de España.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Cuantificar e analiza-los fluxos de mercadorías de Galicia co resto de España.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo longo.

3.4.3

Nome: Índices de valor unitario para o comercio exterior.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Segui-la evolución do valor, os prezos e o volume de exportacións e importacións en Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.4.4

Nome: Fluxos de investimento estranxeiro directo.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Obter información sobre as características e a distribución dos investimentos estranxeiros en Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.4.5

Nome: Estructura do comercio.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-las características básicas das empresas e unidades locais comerciais de Galicia.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.4.6

Nome: Enquisa de comercio interior.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Investiga-las principais características estructurais e de actividade do sector comercio.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.4.7

Nome: Índices de vendas de comercio polo miúdo.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-la evolución temporal das vendas no comercio minorista.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Disponibilidade: Inmediata.

Sección 3.5. Estatísticas agrarias e pesqueiras.

3.5.1

Nome: Explotación do rexistro de gando bovino.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Analiza-lo volume, a composición e a evolución no tempo da gandería galega de bovino.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.2

Nome: Enquisa de bovino.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Investiga-las principais características estructurais e de actividade do subsector lácteo.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.3

Nome: Prezos percibidos e pagados polas explotacións leiteiras.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-la evolución das vendas, dos gastos e dos prezos percibidos e pagados polas explotacións leiteiras.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Alto.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.5.4

Nome: Estatística de sacrificio de gando en matadoiros.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Obte-los datos mensuais de sacrificio de gando (número de reses e peso canal total-por tipoloxías e categorías) dunha mostra de matadoiros, así como unha recompilación anual do sacrificio en tódolos matadoiros da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.5.5

Nome: Prezos agrarios.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Estima-los principais valores dos prezos agrarios percibidos e pagados polos agricultores na nosa Comunidade Autónoma, desagregados por provincias segundo as especificacións sinaladas ó respecto.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.5.6

Nome: Prezos da terra.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Estima-la valoración das diferentes categorías e especificacións da terra e analiza-la evolución provincial e rexional do prezo da terra.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.5.7

Nome: Censo de maquinaria agraria.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Determina-lo censo de maquinaria agraria en uso por provincias, tipoloxías e categorías.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.8

Nome: Avance de superficies e produccións agrarias.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Obter unha estimación das superficies sementadas ou plantadas e das produccións previstas para determinados cultivos asignados polo MAPA a cada provincia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.5.9

Nome: Rendementos de cultivos.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Obte-los rendementos dos cultivos que teñen maior incidencia na renda agraria galega.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.10

Nome: Directorio avícola.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Dispoñer dun directorio avícola actualizado.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.11

Nome: Enquisa do subsector avícola.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Estudio, en profundidade, do subsector avícola (tanto ovos coma carne).

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.12

Nome: Sector hortoflorícola.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Obter un directorio actualizado das explotacións galegas de horta e flor baixo cuberta de máis de 500 m así como as variables técnico-económicas delas.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.13

Nome: Características básicas do subsector ovino-cabrún.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Coñecer e cuantifica-las características básicas deste subsector gandeiro.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.14

Nome: Estructura do viñedo de vinificación.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Dispoñer de información sobre a estructura do viñedo galego.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.15

Nome: Directorio de agroindustrias.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Dispoñer dun directorio actualizado dos establecementos industriais da Comunidade Autónoma de Galicia que efectúan a primeira transformación dos productos agrícolas e gandeiros.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.5.16

Nome: Utilización de medios de producción na explotación agraria.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Coñece-la utilización dos medios de producción na agricultura co fin de avalia-los consumos intermedios para calcula-la renda agraria.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.17

Nome: Anuario de estatística agraria.

Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Obxectivo: Recompilar e difundi-la información estatística agraria máis salientable obtida a través das operacións realizadas ó longo do ano en curso.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.5.18

Nome: Censo da flota pesqueira.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: Coñece-la relación das embarcacións de pesca, marisqueo e acuicultura con porto base en Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.5.19

Nome: Estatística de vendas en primeira comercialización.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: Agrega-los fluxos de vendas de peixe nas lonxas.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.5.20

Nome: Directorio de instalacións de producción para a acuicultura.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: Coñece-la estructura e a localización territorial dos centros de acuicultura.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.5.21

Nome: Estatística de producción de acuicultura mariña.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: Coñece-la producción das especies mariñas producidas con técnicas de acuicultura.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.5.22

Nome: Anuario de pesca.

Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obxectivo: Recompila-las estatísticas socioeconómicas do sector pesqueiro galego.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

Sección 3.6. Estatísticas industriais.

3.6.1

Nome: Rexistro industrial.

Organismo responsable: Consellería de Industria e Comercio.

Obxectivo: Analiza-la evolución da creación e baixas de empresas, segmentando o estudio por sectores e dimensións.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.6.2

Nome: Estructura industrial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-las características básicas das empresas e unidades locais industriais de Galicia.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.6.3

Nome: Índice de producción industrial.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Medi-la evolución do VEB xerado polas ramas industriais de Galicia, agás a construcción, mediante a elaboración de indicadores da súa evolución mensual.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.6.4

Nome: Índice de prezos industriais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-la evolución dos prezos industriais en Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.6.5

Nome: Producción mineira.

Organismo responsable: Consellería de Industria e Comercio.

Obxectivo: Analiza-la evolución da distribución e dimensión das empresas mineiras e obter información sobre a producción no subsector da minería.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.6.6

Nome: Balance enerxético de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Obxectivo: Coñecer e analiza-la distribución da producción e do consumo de enerxía en Galicia, así como das distintas transformacións desde enerxía primaria ata o seu consumo e a súa exportación.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.6.7

Nome: Estructura do abastecemento e do consumo enerxético industrial de Galicia.

Organismo responsable: Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Obxectivo: Coñece-las características dos sistemas de abastecemento enerxético das industrias de Galicia así como os consumos.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

Sección 3.7. Estatísticas da construcción.

3.7.1

Nome: Estatística de edificación e vivenda.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñecer e anticipa-la evolución da actividade do subsector dedicado á construcción e rehabilitación de edificios residenciais e non residenciais.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.7.2

Nome: Préstamos cualificados para a compra e rehabilitación de vivendas.

Organismo responsable: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Obxectivo: Coñece-lo volume e as características dos préstamos protexidos para a compra e a rehabilitación de vivendas.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

Sección 3.8. Estatísticas de transporte.

3.8.1

Nome: Directorio de empresas de transporte.

Organismo responsable: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Obxectivo: Coñece-la estructura e a localización das empresas de transporte en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

Sección 3.9. Estatísticas turísticas.

3.9.1

Nome: Directorio de aloxamentos hoteleiros.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Dispoñer dun censo exhaustivo dos aloxamentos hoteleiros de Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.9.2

Nome: Directorio de casas de turismo rural.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Dispoñer dun censo exhaustivo dos establecementos de turismo rural en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.9.3

Nome: Directorio de cámpings.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Dispoñer dun censo exhaustivo dos acampamentos de Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.9.4

Nome: Directorio de axencias de viaxe.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Dispoñer dun censo exhaustivo das axencias de viaxe de Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.9.5

Nome: Directorio de cafeterías.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Dispoñer dun censo exhaustivo dos establecementos de cafeterías.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.9.6

Nome: Directorio de restaurantes das localidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Vigo, Baiona, Sanxenxo e O Grove.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Dispoñer dun censo exhaustivo dos restaurantes situados nas citadas cidades.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.9.7

Nome: Análise de establecementos turísticos non regulamentados (cafés, bares, tabernas, pubs, discotecas e salas de festas).

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Coñece-las características deste tipo de establecementos e os datos de emprego neles.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.9.8

Nome: Directorio de guías de turismo especializados.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Dispoñer dun censo exhaustivo dos guías de turismo especializados de Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.9.9

Nome: Análise estatística sobre o turismo. Enquisa en orixe.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Cuantifica-lo número de turistas que recibe Galicia ó longo do ano e obter datos sobre os ingresos xerados polo turismo durante o ano.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.9.10

Nome: Análise estatística sobre o turismo. Enquisa en destino.

Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Obxectivo: Coñece-la evolución do perfil do turista que visita Galicia e determinar en números relativos a distribución do gasto e a súa evolución, así como concreta-lo gasto medio/día por turista.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.9.11

Nome: Enquisa continua de ocupación hoteleira.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-la evolución da ocupación nos establecementos hoteleiros.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.9.12

Nome: Estatística de ocupación no turismo rural.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñece-la evolución da ocupación nos establecementos de turismo rural.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.9.13

Nome: Estatística do gasto do turismo que pernocta en establecementos hoteleiros.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Avalia-lo gasto do turismo que pernocta en establecementos hoteleiros de Galicia.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.9.14

Nome: Expectativas hoteleiras.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Avalia-las expectativas dentro do subsector hoteleiro.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

Sección 3.10. Estatísticas das administracións públicas.

3.10.1

Nome: Seguimento e avaliación de plans de actuación.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: Determina-lo grao de eficacia da execución dos plans de actuación e dos recursos utilizados a través do emprego de indicadores definidos a un nivel adecuado.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.10.2

Nome: Informe da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: Divulga-lo estado de execución do orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.10.3

Nome: Recadación por tributos.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Difundi-los resultados da recadación por tributos en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

3.10.4

Nome: Recadación de tributos propios e cedidos.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: Recompilar datos recadatorios.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.10.5

Nome: Análise económico-financeira das corporacións locais.

Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.

Obxectivo: Coñece-la actividade económica e financeira das entidades locais galegas mediante o estudio do marco orzamentario no que actúan, cunha metodoloxía descritiva.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

3.10.6

Nome: Indicadores de renda municipal.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Coñecer mediante indicadores a renda familiar dispoñible por municipios.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

3.10.7

Nome: Resultados electorais.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

Obxectivo: Difundi-los resultados das consultas electorais realizadas en Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

Sección 3.11. Estatística de investigación e desenvolvemento.

3.11.1

Nome: Estructura e desenvolvemento do sistema I+D.

Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística e Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Obxectivo: Elaborar unha serie de indicadores, internacionalmente aceptados, que traten de recoller tódalas variables relevantes en materia de innovación e I+D e que nos permitan analiza-la repercusión e evolución das medidas adoptadas neste campo.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

4. Área de estatísticas ambientais.

4.0.1

Nome: Niveis polinímicos atmosféricos.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Medi-los niveis de pole na atmosfera.

Grao de dificultade: Moi complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

4.0.2

Nome: Climatoloxía ambiental.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Coñece-los datos climatolóxicos significativos de Galicia.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

4.0.3

Nome: Calidade do aire.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Coñece-lo nivel de contaminantes na atmosfera.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Extraordinario.

Dispoñibilidade: Inmediata.

4.0.4

Nome: Actuacións de educación ambiental.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Organizar actividades de divulgación e difusión ambiental.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

4.0.5

Nome: Incendios forestais.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Coñece-lo número de incendios forestais en Galicia e a superficie afectada por eles, as especies arbóreas afectadas e a superficie queimada delas en cada un dos incendios forestais, a propiedade legal de cada un dos montes afectados, así como a valoración de perdas económicas, tempos e resultados das actuacións contra os incendios.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Moderado.

Dispoñibilidade: Prazo medio.

4.0.6

Nome: Superficie forestal cuberta por especies.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Realizar un seguimento continuo da evolución da superficie forestal cuberta por especies en cada distrito.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

4.0.7

Nome: Seguimento de prezos de productos forestais.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Coñece-las fluctuacións de prezos da madeira ó longo da súa cadea de comercialización así como a formación de valor engadido no proceso.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

4.0.8

Nome: Produccións forestais e a súa industrialización.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Coñece-las produccións anuais forestais do monte galego e avalia-lo seu grao de industrialización.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

4.0.9

Nome: Directorio de montes veciñais en man común.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Dispoñer dun censo exhaustivo dos montes veciñais en man común clasificados na Comunidade Autónoma.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

4.0.10

Nome: Rexistro e licencias do medio natural.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Dispoñer de información numérica obtida dos rexistros administrativos con base en actividades e actuacións no medio natural.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

4.0.11

Nome: Rexistro de espacios naturais protexidos.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Valora-lo nivel de protección ambiental establecido na Comunidade Autónoma galega.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Inmediata.

4.0.12

Nome: Protección ambiental.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Coñece-lo número de actuacións de protección do medio ambiente en Galicia e de aseguramento dun uso racional dos recursos naturais.

Grao de dificultade: Sinxelo.

Custo estimado: Moi baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

4.0.13

Nome: Residuos e solos contaminados.

Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivo: Coñece-lo nivel de xestión integral dos residuos urbanos e industriais en Galicia, así como da recuperación de solos contaminados.

Grao de dificultade: Complexo.

Custo estimado: Baixo.

Dispoñibilidade: Prazo curto.

ANEXO 2

Metas instrumentais

Área 1. Difusión estatística.

1.1. Establecemento dun sistema integrado de difusión para o sistema estatístico de Galicia.

Establecer un sistema integrado de difusión para o sistema estatístico de Galicia. Este debe afectar a tódolos resultados de tódalas actividades que se realicen no marco do Plan estatístico.

1.2. Elaboración e difusión de productos de síntese.

Elaborar productos de síntese sobre información estatística de Galicia que lles permita ós usuarios teren coñecemento dos principais resultados estatísticos da Comunidade, con desagregación no territorio e/ou comparación con outros ámbitos, especialmente en relación con outras comunidades autónomas, co Estado e coas rexións de Europa.

1.3. Renovación dos mecanismos de difusión da información.

Utilizar novas tecnoloxías que lles permitan ós usuarios da actividade estatística pública un mellor e máis rápido acceso, en tempo e forma, ós resultados que deriven das ditas actividades. Para tal fin intensificarase a subministración de bases de datos que sexan susceptibles de tratamento estatístico autónomo.

1.4. Acceso fácil á información para os usuarios.

Facilita-lo acceso á información que xere o sistema estatístico de Galicia, ofrecendo información de xeito coordinado e homoxéneo.

1.5. Posta á disposición dos usuarios de fondos bibliográficos e documentais en materia estatística con referencia a Galicia.

Poñer á disposición dos usuarios fondos bibliográficos e documentais do sistema estatístico a través da biblioteca do Instituto Galego de Estatística e igualmente dispoñer nela dun inventario actualizado de información estatística.

1.6. Propiciación do uso da información estatística en tódolos niveis.

Potencia-lo uso da información estatística a tódolos niveis, mediante actividades singulares de mercadotecnia, colaboración con outras administracións públicas e entidades, presencia institucional en feiras, certames, medios de comunicación, etc.

Área 2. Formación especializada e perfeccionamento profesional.

2.1. Contribución ó perfeccionamento profesional do persoal do sistema estatístico de Galicia.

-Desenvolver actividades de formación para o perfeccionamento profesional do persoal do sistema estatístico de Galicia sobre metodoloxías, técnicas e fontes estatísticas, de carácter xeral e específico, e sobre as principais ferramentas informáticas para o tratamento da información estatística.

-Fomenta-la asistencia a cursos, seminarios, xornadas, etc., de carácter externo ó sistema que sirvan para amplia-la formación.

2.2. Fomento da formación especializada en estatística.

Organizar actividades de formación sobre cuestións especializadas en materia de estatística pública, de carácter eminentemente aplicado e abertas á participación de entidades institucionais, empresas públicas e privadas e universidades, así como á administración da Xunta de Galicia. Estas acti

vidades abranguerían desde cursos de alto nivel para profesionais da estatística en tódolos ámbitos ata xornadas divulgativas en xeral sobre estatística pública en Galicia, dirixidas á sociedade no seu conxunto e en particular ós usuarios da información estatística (corporacións locais, axentes económicos e sociais, universidades, etc.) co obxecto de consolidar e amplia-la cultura estatística en Galicia.

2.3. Incentivo da formación de novos profesionais en estatística pública.

Desenvolver programas de bolsas de formación estatística dirixidas a incentiva-la formación de persoal cualificado no eido da estatística pública en Galicia mediante a súa participación no sistema estatístico de Galicia e o desenvolvemento de programas específicos de formación e investigación estatística.

Área 3. Investigación estatística.

3.1. Fomento da investigación estatística en temas de interese para Galicia.

Desenvolver programas de axudas á investigación estatística para promove-la realización de traballos de investigación, metodolóxicos e aplicados, sobre temas relacionados coa área de estatística pública de interese para o coñecemento da realidade demográfica, social, económica e ambiental de Galicia.

Promove-la cooperación entre o sistema estatístico de Galicia e os grupos de investigación galegos para a realización de proxectos de investigación estatística de interese para a Comunidade Autónoma.

3.2. Fomento do uso de datos e técnicas estatísticas na realización de teses de doutoramento en Galicia.

Desenvolver programas de apoio para a realización de teses de doutoramento en Galicia que utilicen datos e técnicas estatísticas relacionados con temas de interese para a Comunidade Autónoma.

Área 4. Normalización, homoxeneidade e comparabilidade da información estatística.

4.1. Normalización da documentación das actividades estatísticas.

As actividades que se inclúan nos programas estatísticos anuais contarán cun proxecto técnico básico que identifique os seus elementos esenciais. O dito proxecto básico deberá completarse cunha documentación exhaustiva que establecerá tódolos aspectos que deban terse en conta no desenvolvemento da actividade. Esta documentación terá carácter público e estará á disposición de todas aquelas persoas ou institucións que o soliciten.

4.2. Promoción da normalización metodolóxica nas actividades estatísticas.

Garanti-la fiabilidade dos resultados das actividades estatísticas incluídas nos programas estatísticos anuais e a súa comparación cos doutras actividades similares, propiciando a utilización de metodoloxías suficientemente contrastadas.

4.3. Homoxeneización dos conceptos e das definicións utilizados nas actividades estatísticas.

Desenvolve-las actuacións necesarias e establece-la normativa adecuada para que os conceptos e as definicións que sexan utilizados nas actividades estatísticas sexan homoxéneos e permitan a comparación dos seus resultados cos doutras actividades similares de carácter estatal ou europeo.

4.4. Establecemento dun sistema de directorios de utilidade estatística.

Desenvolve-las actividades necesarias para establecer un sistema de directorios de utilización estatística en Galicia que poida servir para a súa propia explotación así como para establece-los marcos adecuados para censos e operacións mostrais. Para a súa inclusión no sistema estableceranse os requisitos que deberán cumprir no seu deseño e mantemento.

4.5. Normalización da utilización de códigos, nomenclaturas e clasificacións en materia estatística.

Desenvolve-las actuacións necesarias e establece-la normativa técnica adecuada para normaliza-la utilización de códigos, nomenclaturas e clasificacións nas presentacións de resultados das actividades estatísticas de forma que permitan compara-los seus resultados cos doutras actividades similares de carácter estatal ou europeo.

4.6. Inventario e catalogación das fontes de información estatística sobre Galicia.

Inventariar e cataloga-las fontes de información utilizadas no desenvolvemento das actividades estatísticas que se inclúan nos programas estatísticos anuais ou que se produzan noutros ámbitos e que proporcionen información sobre a Comunidade Autónoma.

Área 5. Estructuración informática do sistema estatístico e desenvolvemento de sistemas de información.

5.1. Contribución ó establecemento dun sistema informático integrado no sistema estatístico.

Elaborar un estudio sobre os recursos informáticos, humanos e tecnolóxicos necesarios para poder establecer un sistema integrado que poida dar resposta ás metas de información que se establecen no Plan estatístico. Neste sistema informático estarán integradas, nun único soporte de información, as tarefas de planificación, producción e difusión estatística.

5.2. Incorporación das novas tecnoloxías e ferramentas informáticas á estatística.

Incorporar, de xeito paulatino, ós sistemas de producción estatística, os novos productos informáticos, tanto de software coma de hardware, que faciliten os procesos de obtención e ordenación de datos, a análise estatística e a accesibilidade ós resultados das actividades estatísticas por parte dos usuarios.

5.3. Implantación de medidas de seguridade informática.

Desenvolve-las actividades informáticas necesarias e establece-la normativa técnica adecuada, que permita asegura-la integridade, dispoñibilidade e confidencia dos datos, mantendo un necesario equi

librio entre o interese público e a privacidade dos datos na difusión estatística.

5.4. Contribución ó desenvolvemento e mantemento de sistemas de información.

Desenvolve-las actividades estatísticas e informáticas necesarias para configurar sistemas de información estatísticos referidos ás diferentes áreas de actuación do sector público galego.

Área 6. Referenciación territorial da información estatística.

6.1. Establecemento dos niveis de referenciación territorial das actividades estatísticas.

Establecer, para cada unha das actividades estatísticas que se desenvolvan nos programas estatísticos anuais, os niveis de desagregación xeográfica que deben prever, conxugando as necesidades de información, as posibilidades das fontes de información, a utilidade e o custo e garantindo a confidencia dos datos.

6.2. Utilización dos sistemas de información xeográfica.

Utiliza-los sistemas de información xeográfica para simplifica-las consultas de información agregada territorialmente e facilitárlle-la capacidade de análise ós usuarios dos productos de difusión do sistema estatístico de Galicia, mediante a representación de variables estatísticas en mapas temáticos a través de bases de datos.

ANEXO 3

Regras para a descrición normalizada das metas de información

1ª) Menciónanse en primeiro lugar os fins que se pretenden.

2ª) As estimacións do grao de dificultade técnica, metodolóxica e organizativa realízanse utilizando a seguinte clasificación referida á actividade estatística:

a) Sinxela: cando o grao de dificultade é equivalente ó das actividades estatísticas habituais e respecto das que se ten un grao moi alto de experiencia no Instituto Galego de Estatística ou no organismo responsable.

b) Complexa: cando o grao de dificultade é equivalente ó das actividades pouco habituais e que requiren un proceso específico de reflexión técnica ou metodolóxica ou unha definición organizativa especial no Instituto Galego de Estatística ou no organismo responsable, pero xa existindo nestes algunha experiencia similar.

c) Moi complexa: cando o grao de dificultade é equivalente ó das actividades estatísticas que requiren un proceso específico e de contido experimental nos niveis técnico, metodolóxico ou organizativo e non existe experiencia aplicable no Instituto Galego de Estatística ou no organismo responsable.

3ª) As estimacións de custo realízanse utilizando a seguinte clasificación:

a) Custo moi baixo: se se estima que o custo anual de execución da actividade é de ata 72.121,45 euros de 2002.

b) Custo baixo: se se estima que o custo anual de execución da actividade está entre máis de 72.12l,45 euros e 144.242,91 euros de 2002.

c) Custo moderado: se se estima que o custo anual de execución da actividade está entre máis de 144.242,91 euros e 288.485,81 euros de 2002.

d) Custo alto: se se estima que o custo anual de execución da actividade está entre máis de 288.485,81 euros e 432.728,72 euros de 2002.

e) Custo moi alto: se se estima que o custo anual de execución da actividade está entre máis de 432.728,72 euros e 601.012,10 euros de 2002.

f) Custo extraordinario: se se estima que o custo anual de execución da actividade é de máis de 601.012,10 euros de 2002.

4ª) As estimacións do tempo que transcorre entre o inicio efectivo da actividade e a dispoñibilidade dos primeiros resultados realízanse utilizando a clasificación seguinte:

a) Dispoñibilidade inmediata: cando a actividade está a producir resultados de forma continuada.

b) Dispoñibilidade a prazo curto: se se estima que o período de tempo é inferior a un ano.

c) Dispoñibilidade a prazo medio: se se estima que o período de tempo é superior a un ano e inferior a dous anos.

d) Dispoñibilidade a prazo longo: se se estima que o período de tempo é superior a dous anos.

Santiago de Compostela, dezasete de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente