Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da asistencia técnica de clave LU/99/20.1 e catro máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada LU-760, 1ª fase, treito N-640 Ludrio-Mosteiro.

Clave: LU/99/20.1

Orzamento: cinco millóns novecentas noventa mil novecentas trinta e seis pesetas (5.990.936), equivalentes a 36.006,25 euros.

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido la Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada OU-310 Xinzo de Limia-Bande, treito A Ponte Liñares-Ganade.

Clave: OU/98/75.1

Orzamento: oito millóns seiscentas trece mil seiscentas noventa e seis pesetas (8.613.696), equivalentes a 51.769,36 euros.

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

3. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada OU-301, treito N-525, A Mezquita.

Clave: N/OU/96.4.10

Orzamento: oito millóns trinta e tres mil novecentas vinteoito pesetas (8.033.928), equivalentes a 48.284,88 euros.

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

4. Asistencia técnica ás expropiacións da obra alternativa norte á C-550 na ponte da Barca, Poio.

Clave: PO/99/49.1

Orzamento: sete millóns duascentas oitenta e oito mil cincocentas doce pesetas (7.288.512), equivalentes a 43.804,84 euros.

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

5. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-403, treito A-52 Salvaterra.

Clave: PO/99/69.1

Orzamento: doce millóns setecentas sesenta e oito mil setecentas pesetas (12.768.700), equivalentes a 76.741,43 euros.

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 49 86.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/ e en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo 19-21, teléfono 981 59 33 85.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 da Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

Dentro do contrato está incluído o pagamento dos anuncios de convocatoria dos levantamentos de actas en dos xornais, BOP, BOE, que correspondan legalmente, segundo se especifica no punto 10 do prego de prescricións técnicas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda