Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 24 de agosto de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Veloso Fernández, Camilo).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Ponte Caldelas en aplicación do artigo 120 e seguintes, e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ante as oficinas sinaladas no parágrafo anterior, con enderezo:

-Rúa López Boullosa, 7, Ponte Caldelas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 24 de agosto de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Veloso Fernández, Camilo

DNI: 36068195-D

R/ Candeán-Subida á Madroa, 8

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 549/1997 (Ponte Caldelas)