Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.680

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001, conxunta das direccións xerais de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se convocan dous cursos de aplicadores/manipuladores de praguicidas, nivel cualificado.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de dous cursos (un de productos fitosanitarios e de uso gandeiro e outro de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria), de aplicador/manipulador de praguicidas, que terán lugar de acordo coas seguintes bases:

1. Clase de curso que se vai impartir:

1.1. Un curso de aplicador/manipulador de productos de uso fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel cualificado.

1.2. Un curso de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e de uso na industria alimentaria. Nivel cualificado.

2. Datos dos organismos organizadores:

Os organismos organizadores serán:

2.1. O Servicio de Sanidade Vexetal da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, para os cursos especificados no punto 1.1.

2.2. O Servicio de Protección da Saúde fronte a Riscos Específicos da Dirección Xeral de Saúde Pública, para os cursos especificados no punto 1.2.

3. Obxectivos dos cursos:

Conseguir unha formación adecuada para o persoal dos establecementos e empresas que manipulen ou presten servicios de tratamentos con praguicidas de uso fitosanitario e de uso gandeiro, ou de uso ambiental e de uso na industria alimentaria, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes productos que os capacite para exerceren a dita actividade en todo o territorio estatal.

4. Destinatarios:

a) Responsables de equipos de tratamentos terrestres e aéreos e os agricultores que os realicen na súa propia explotación empregando persoal auxiliar, sempre que os praguicidas manipulados non estean clasificados como moi tóxicos.

b) Responsables dos tratamentos DDD, sempre que os praguicidas que se van manipular non estean clasificados como moi tóxicos.

-Nº de prazas: o número de alumnos que poderán participar en cada curso será de 30 como máximo.

-Criterios de selección: o solicitante deberá ter, polo menos, 18 anos de idade.

Tódolos solicitantes que non teñan estudios que validen o nivel básico (xustificado documentalmente), terán que ter realizado este nivel para poder solicita-lo de nivel cualificado.

Na selección terán prioridade, sempre que se xustifique documentalmente:

a) Os responsables das empresas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas da Comunidade Autónoma (Orde do 8 de abril de 1996, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais).

b) Aqueles solicitantes que estean traballando ou traballasen en empresas relacionadas co sector en cargos como responsables.

c) Anos de experiencia.

5. Realización:

As clases correspondentes a estes cursos levaranse a cabo no seguinte centro:

Escola Galega de Administración Pública.

Enderezo: rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

-Duración e horario:

Os cursos terán lugar do 2 ó 31 de outubro, e as súas horas lectivas distribuiranse da seguinte maneira:

Curso 1.1. (35 horas teóricas e 25 prácticas).

Curso 1.2. (35 horas teóricas e 25 prácticas).

O horario dos cursos será das 9 ás 18 horas os martes e mércores, e das 9 ás 14.30 horas os xoves de cada unha das semanas de duración. Os coordinadores poderán modifica-lo horario ou ben os días se fose necesario.

6. Programa:

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinadores técnicos dos cursos:

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997 reguladora destes cursos, os coordinadores técnicos serán:

1.1. Persoal técnico do Servicio de Sanidade Vexetal da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, para o curso especificado no punto 1.1.

1.2. Persoal técnico do Servicio de Protección da Saúde fronte a Riscos Específicos da Dirección Xeral de Saúde Pública, para o curso especificado no punto 1.2.

8. Solicitudes e inscrición:

As solicitudes de asistencia, de acordo cos modelos que figuran no anexo I, tramitaranse ás direccións xerais correspondentes. O solicitante poderá asistir a un o ós dous cusos convocados, sendo compatible co horario da realización deles.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais das consellerías de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou de Sanidade e Servicios Sociais, dependendo do curso solicitado, das 9 ás 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será de tres días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución.

-Documentación: o persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta a solicitude ou solicitudes que figuran como anexo I, xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación expedida polo establecemento ou servicio de praguicidas, especificando o labor que desempeña o solicitante nel.

-Admisión: a relación de solicitantes admitidos expoñerase no taboleiro de anuncios das direccións xerais de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

e de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de dous días naturais, contados a partir do seguinte ó de finalización do prazo señalado para a inscrición.

9. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado co que poderá solicitar ás direccións xerais de Producción Agropecuaria e de

Saúde Pública, segundo corresponda, o carné de manipulador de praguicidas de productos fitosanitarios e de uso gandeiro ou de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

P.D. (Resolución 1-8-2001)Manuel Barral Castro

Jesús Collar UrquijoDirector xeral de Saúde

Subdirector xeral de SanidadePública da Consellería de

e Producción VexetalSanidade e Servicios Sociais

ANEXO II

Programa dos cursos para praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria

Nivel cualificado:

1. Praguicidas. Clasificación. Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

2. Transporte, almacenamento, distribución e venda. Lexislación.

3. Formulacións. Preparación. Equipos de aplicación.

4. Pragas de roedores. Estudio dos roedores. Raticidas e ratonicidas. Desratización activa e pasiva.

5. Pragas de insectos e ácaros. Estudio deles. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

6. Desinfección. Productos usados. Técnicas.

7. Praguicidas e ambiente. Precaucións. Eliminación de restos e envases. Lexislación.

8. Precaucións e normas de seguridade. Equipos de protección persoal. Saúde laboral.

9. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios en caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

10. Exercicios prácticos.

11. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 60.

Programas dos cursos para praguicidas fitosanitarios e de uso gandeiro.

Nivel cualificado:

1. Os inimigos dos cultivos e os danos que producen.

2. Procedementos de protección dos cultivos.

3. Praguicidas químicos: composición, formulacións.

4. Maquinarias de aplicación de praguicidas: tipos, conservación e regulación.

5. Boas prácticas agrícolas.

6. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

7. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

8. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde.

9. Intoxicacións. Primeiros auxilios.

10. Residuos de praguicidas.

11. Transporte, almacenamento e distribución.

12. Seguridade Social agraria.

13. Normativa legal.

14. Prácticas da protección fitosanitaria.

15. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 60.