Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente incoado por infracción á Lei de pesca fluvial, P-280/2000, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro por la vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

ANEXO

Expediente nº: P-280/2000.

Denunciado: Antonio Expósito Sobrado.

DNI: 76618553-X.

Enderezo: r/ Benito Vicetto, nº 1-3º A. Monforte de Lemos. Lugo.

Feito denunciado: non respecta-las prescricións especiais dictadas pola Consellería de Medio Ambiente, para determinados treitos ou masas de auga, ó practica-lo deporte da pesca nun tramo non autorizado para ciprínidos (encima da ponte da antiga estrada de Monforte). Feitos constatados o día 10-9-2000, ás 13.40 h no río Miño-encoro dos Peares. San Sebastián de Ribas de Miño. O Saviñao. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.

Lugo, 29 de xuño de 2001.

Antonio García Fernández

Delegado provincial de Lugo en funcións