Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 11 de setembro de 2001 foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, por procedemento aberto, das obras de saneamento integral de fecais e pluviais no barrio de Solanas e San Roque, en Salcidos, o cal se expón ó público xunto co proxecto polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións ou o proxecto.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Alcaldía.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: saneamento integral de fecais e pluviais no barrio de Solonas e San Roque, en Salcidos.

Lugar de execución: barrio de Solanas e San Roque, en Salcidos.

Prazo de execución: punto 3 do prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento base: 18.301.366 pesetas.

Criterios de selección para a adxudicación da obra: cláusula 14 do prego.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de adxudicación.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: rexistro xeral do concello.

Domicilio: praza do Reló.

Data límite para solicitar presentación: 13 días naturais a partir da publicación do edicto de licitación no DOG.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: cláusula 12 do prego.

Documentación: cláusula 12 do prego.

Lugar de presentación, rexistro xeral do concello.

8. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda; praza do Reló (A Guarda).

Data e hora: 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

9. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

A Guarda, 11 de setembro de 2001.

O alcalde

Rubricado