Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO da aprobación inicial da delimitación da unidade de execución número 15 e estudio de detalle desta (expediente 337/2001).

A Comisión de Goberno do Concello do Grove, en sesión realizada o 6 de setembro de 2001, aprobou inicialmente a delimitación da unidade de execución nº 15 e estudio de detalle dela, sita en Pedras Negras-San Vicente do Mar, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Rafael Ouro Morales e/r de Lanzamar, S.A.

De conformidade co establecido nos artigos 121.1º e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública durante

un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio deste anuncio a notificación a aqueles propietarios descoñecidos de terreos afectados ou ós que, intentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 10 de setembro de 2001.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde