Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración e instalación de equipamento para o laboratorio de cultivo celular no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamento para o laboratorio de cultivo celular no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: dous lotes.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total:

Lote I. 2.400.000 pesetas (14.424,29 euros)

Lote II. 3.350.000 pesetas (20.153,90 euros)

5. Garantías.

Provisional:

Lote I. 48.000 pesetas (288,48 euros).

Lote II. 67.000 pesetas (402,68 euros).

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 82.

e) Telefax: 981 54 66 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo quinto día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería o décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agraolimentaria