Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/23-2, 5585 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Airtel Móvil, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 1, polígono A Grela, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e L.B.T. para estación telefonía móbil-alto do Cerredo.

Situación: A Fonsagrada.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA-56 de 279 m de lonxitude sobre apoios de formigón. C.T. de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. L.B.T. subterránea en conductor R.H.V. de 130 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de xuño de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo