Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 16 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/81-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se indica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Dirección social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Xinzo de Limia (sueste).

Situación. Xinzo de Limia.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 474 m de lonxitude, derivada desde o apoio nº 10 da L.M.T. Xinzo-Cualedro e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V, en Xinzo de Limia-sueste. Rede de baixa tensión derivada do C.T.

A declaración de utilidade pública, conforme o artigo 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se considera de necesaria ocupación figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificacióin individual, poderán presentar nesta delegación provincial as alegacións, por duplicado, relativas á corrección de erros, limitacións á constitución de servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Decreto 1995/2000) e aquelas outras que se estimen oportunas.

Ourense, 16 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 01/81Provincia: Ourense

L.M.T., C.T., R.B.T. Xinzo de Limia (sueste)Termo municipal: Xinzo de Limia

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CovaLabradíoVictorino Fernández JogaParedes, 5, 32637 Xinzo de Limia1110100

2QuintaLabradíoManuel Tejada Vidal e irmánsR/ Lepanto, 58, 32630 Xinzo de Limia1160600

3QuintaLabradíoMª Carmen López FernándezR/ Velacho Atlto, 10-3º D, 280332242420

4O CovoLabradíoManuel Barja JardónEstr. Baltar, pista As Riscas, 520160

6O CovoLabradíoOdilo Nóvoa Rivero e irmánsR/ Curros Enríquez, 10, 32630 Xinzo de Limia39390

8QuintaLabradíoJulio Costa FolgosoR/ Dous de maio, 39, 32630 Xinzo de Limia100

9O CovoLabradíoEmilio Barja MartínezR/ Marcelo Macías, 25-2º, 32630 Xinzo de Limia41140890

10As DonasLabradíoIsabel Gómez FerreiroR/ Curros Enríquez, 39-1º esq., 32630 Xinzo de Limia5636350