En atención ós méritos que concorren en Carlos Quintanilla Schmidt, vicepresidente da República do Salvador, e visto o dictame emitido pola comisión asesora, previsto no artigo 3.2º do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, en virtude das competencias que me confire o referido decreto,
DISPOÑO:
Concederlle a Medalla de Galicia, na súa categoría de prata, a Carlos Quintanilla Schmidt, vicepresidente da República do Salvador.
Santiago de Compostela, vinte de setembro de dous mil un.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente