Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 3 de setembro de 2001, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior e protección da parcela do Sanatorio do Dr. Lois, (PERI-10), promovido por Hotel Obradoiro, S.A.

O ámbito obxecto de ordenación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: terreos pertencentes ó parque público de Vite (PU-6).

Sur e leste: camiño de Porto de Vite, que separa o ámbito do colexio e do parque público de Vite.

Oeste: avenida do Burgo das Nacións, fronte ó Auditorio de Galicia.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión sitas no Pazo de Raxoi e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo