Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración en réxime de arrendamento con opción de compra dun sistema de radiocomunicacións móviles de fonía en modo convencional que permite cubri-la área de actuación do persoal destinado ó servicio da policía local do Concello de Santiago de Compostela.

b) Prazo de entrega: un mes e medio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 23.713.913 pesetas (142.523,49 euros), máis IVE.

5. Garantías.

Provisional: 550.163 pesetas (3.306,55 euros).

9. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Estudio. Rúa Nova de Abaixo, 19-21. 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.

Información: Concello de Santiago de Compostela (contratación). Praza Obradoiro, 1.15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 15 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 12 do prego de condicións económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1 (pavillón da Trindade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (secretaría).

b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Data: segundo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 14 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado