Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Para os efectos previdos no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que aprobou o texto refundido da LCAP, faise público que por senllos acordos da Comisión Municipal de Goberno, adoptados na súa sesión ordinaria de data 13 de agosto de 2001, adxudicaron as seguintes contratacións:

-Contrato de subministración de camión para a recollida de lixo, á empresa Ros Roca, S.A. con CIF A-25014382, e enderezo social en Avinguda de Cer

vera s/n Tárrega-Lleida, polo prezo de 23.000.000 de pesetas, IVE incluído (concurso; aberto; urxente).

-Contrato de subministración de mobiliario para albergue turístico hípico de segunda categoría e centro hípico de S. Lourenzo de Sabucedo, á empresa Muebles Emilio Goldar, S.L., con enderezo social na avda. de Pontevedra, nº 2 a 6 A Estrada, polo prezo de 13.183.205 pesetas, IVE incluído (concurso; aberto; urxente).

A Estrada, 16 de agosto de 2001.

O alcalde accidental

Rubricado