Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COLES

EDICTO.

Aprobada inicialmente polo Pleno, en sesión do 11-9-2001, a modificación puntual 1/2001 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Coles, ábrese un período de información pública durante un mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, segundo dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, co fin de que durante o dito prazo os interesados poidan examinalo e presentar reclamacións se o consideran pertinente.

Coles, 11 de setembro de 2001.

Eladio Pérez Moure

Alcalde