Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, da autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 105/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria de expropiación, así coma a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007-A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Outeiro, Santa Comba.

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV sobrea apoios de formigón e con conductor LA-56, de 937 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Boaña e final no C.T. Outeiro que se vai instalar. Centro de transformación tipo intemperie sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV no Outeiro, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón, e con conductor R.Z. de 931 m de lonxitude, e discorre polo lugar do mesmo nome, no termo municipal de Santa Comba.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados e publicáronse no DOG do 27-6-2000, no BOP do 12-6-2000, no xornal El Correo Gallego do día 8-6-2000 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Santa Comba. Ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Así mesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non dárense as condicións previstas no artigo 57.B da devandita Lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do

día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 8 de agosto de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións