Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, da autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 316/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria de expropiación, así coma a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007-A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Sirves-Norte (Ribeira).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 110 m de lonxitude, coa orixe en apoio nº 37 da liña Palmeira-Sirves-Tomada e final no C.T. Sirves-Norte, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-220 kV en Sirves-Norte, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 855 m de lonxitude, que se conectará á rede existente. No termo municipal de Ribeira.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados e publicáronse no DOG do 12-2-2001 e no BOP do 26-1-2001, no xornal El Ideal Gallego do día 16-1-2001 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Ribeira. Ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non dárense as condicións previstas no artigo 57.B da devandita Lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 31 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña