Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de bases e estatutos da xunta de compensación da A.A.I.2. do Plan especial de mellora do núcleo Porto Loureiro (Castrelos) (expediente 4275/411).

O consello da xerencia municipal de urbanismo, en sesión do 26 de abril de 2001, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación da xunta de compensación da área de actuación integrada nº 2 do Plan especial de mellora do núcleo 06-03-Porto-Loureiro (Castrelos), presentado en data 13-2-2001 polo representante da comisión xestora do dito polígono, coas correccións que se conteñen na parte expositiva do presente acordo (expediente 4275/411).

Segundo.-Somete-lo presente acordo ó trámite de información pública polo prazo de vinte días, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello do texto dos referidos estatutos e bases de actuación, coas correccións antes sinaladas, así como notificación individualizada ós propietarios integrados no polígono e demais afectados, na forma legalmente prevista».

Sométese o expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días mediante inserción de anuncios no DOG segundo establece o artigo 133.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia en relación co artigo 102 da mesma lei; e no BOP (artigo 161.3º do RXU), con inserción neste último do proxecto de estatutos.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primeiro anuncio, ata transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegación que estimen pertinente. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de Información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 15 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo