Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto a contratación dun seguro de responsabilidade civil/patrimonial do Concello de Santiago de Compostela.

Orzamento de licitación: establécese como tipo de licitación o importe de 5.274.000 pesetas IVE incluído para a póliza principal e de 527.398 pesetas IVE incluído para a póliza de xestión.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de trece días naturais, que comezará a contar e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: non se esixe.

Apertura de ofertas: terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación das proposicións.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios). Tfno.: 981 54 30 33; fax: 981 57 76 27. Docu

mentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo nº 12-local 4, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 59 23 93.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2001.

O alcalde

Rubricado