Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

CONVOCATORIA de concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes no Concello de Ourense.

Bases:

I. Vacantes.

Convócase concurso específico entre funcionarios para prove-los postos de traballo, actualmente vacantes, que cos requisitos e condicións correspondentes se relacionan no anexo I,

II. Aspirantes.

Poderán concorrer no presente concurso os funcionarios de carreira do Concello de Ourense, agás os suspensos en firme, que non poderán participar mentres dure a suspensión, sempre que na data de remate do prazo de presentación das solicitudes transcorreran dous anos desde a toma de posesión no último posto de traballo obtido mediante concurso ou libre designación, agás dos que foran removidos do seu anterior destino obtido mediante concurso ou libre designación, antes de transcorrer dous anos desde a toma de posesión, ou procedan dun posto de traballo suprimido, e reúnan as condicións xerais esixidas e cos requisitos determinados na convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

As solicitudes dirixiranse ó órgano convocante.

Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar na propia solicitude de vacantes a adaptación do posto de traballo solicitado, sempre que non supoña unha modificación exorbitante no contexto da organización. A comisión de valoración

poderá solicitar do interesado, en entrevista persoal, a información que estime necesaria para a adaptación aducida, así como o dictame dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria e, se é o caso, da Comunidade Autónoma, tocante á procedencia da adaptación e da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións do posto concreto. Neste suposto, a resolución do concurso producirse logo de recibidos, analizados e avaliados pola comisión de valoración os informes pertinentes.

III. Méritos.

1. Primeira fase: valoraranse os seguintes méritos xerais:

1.1. Grao persoal:

a) Por ter consolidado un grao persoal de igual ou superior nivel ó do posto de traballo que se solicita: 5 puntos.

b) Por ter consolidado un grao persoal de ata dous niveis inferior ó do posto que se solicita: 3 puntos.

c) Por ter consolidado un grao persoal de ata catro niveis inferior ó do posto de traballo que se solicita: 1 punto.

O funcionario que participe no presente concurso e teña un grao persoal consolidado ou que poida ser consolidado durante o período de presentación de instancias deberá solicitar do órgano ou unidade a que se refire a base V que a dita circunstancia quede expresamente reflectida no anexo III (certificado de méritos).

1.2. O traballo desenvolvido valorarase ata un máximo de 15 puntos tendo en conta a natureza das funcións encomendadas e consonte o seguinte:

a) Polo desempeño de postos de traballo en unidades de contido análogo ou similar ó da adscrición do posto de traballo que se solicita no Concello de Ourense, con nivel de xefatura: 3 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 15 puntos.

b) Polo desempeño de postos de traballo en unidades de contido análogo ou similar ó da adscrición do posto que se solicita no Concello de Ourense, sen nivel de xefatura: 1,5 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 7,5 puntos.

c) Polo desempeño de postos de traballo en unidades de contido análogo ou similar ó da adscrición do posto que se solicita noutras administracións públicas: 0,75 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 3,75 puntos.

No caso dos funcionarios procedentes das situacións de excedencia voluntaria en calquera das súas modalidades, excedencia polo coidado de fillos, expectativa de destino, excedencia forzosa, servicios especiais ou suspensión de funcións, atenderase o nivel do último posto que desempeñaban en activo ou, no seu defecto, atribuirase o nivel mínimo correspondente ó grupo en que se clasifique o seu corpo ou escala.

1.3. Con carácter xeral, só se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento convocados polo MAP, INAP, EGAP, Deputación Provincial de

Ourense, Concello de Ourense, ou outras entidades públicas, sobre materias directamente relacionadas coas funcións do posto convocado, nos que se expedirá diploma ou certificado de asistencia e/ou, se é o caso, de aproveitamento ou impartición, que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións do posto de traballo, ata un máximo de 15 puntos.

1.4. A antigüidade valorarase a razón de 1 punto por ano completo de servicio, ata un máximo de 15 puntos. Para estes efectos computaranse tamén os servicios prestados con carácter previo ó ingreso no corpo ou escala, recoñecidos ó abeiro da Lei 70/1978.

Non se computarán para efectos de antigüidade os servicios prestados simultaneamente a outros igualmente alegados.

Para superar esta fase deberán acadarse polo menos 7 puntos.

Segunda fase: valoración de méritos específicos.

Os méritos específicos de cada posto, segundo constan no anexo I, deberán ser acreditados mediante certificación expedida polo órgano competente e achegando os diplomas ou xustificantes dos coñecementos solicitados.

1.5. Memoria.

Os aspirantes deberán presentar unha memoria que consistirá nunha análise do posto de traballo, cunha extensión máxima de dez follas en tamaño DIN-A4, mecanografadas a dobre espacio por unha cara.

Os aspirantes deberán defendela perante a comisión de valoración. Valorarase ata un máximo de 15 puntos.

IV. Datos.

Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que se aduzan, terán que acreditarse debidamente e han de se-los que en efecto correspondan á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

V. Documentación.

1. A xustificación das circunstancias persoais e administrativas do concursante, así como a súa situación e antigüidade, efectuaranse mediante certificación axustadas ó modelo que figura no anexo III, que deberán ser expedidas polo secretario xeral da corporación.

2. Tamén se acreditarán documentalmente mediante certificado expedido para este efecto os méritos que os interesados aleguen como determinantes da súa idoneidade.

VI. Solicitudes.

As solicitudes para tomar parte no presente concurso, dirixidas ó alcalde de Ourense, e axustadas ó anexo II da presente convocatoria, presentaranse no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral deste concello ou nas

oficinas a que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

VII. Resolución.

1. A valoración dos méritos para adxudica-los postos de traballo vacantes efectuaraa unha comisión composta polos seguintes membros:

Presidente: o alcalde ou membro da corporación en quen delegue.

Vocais: xefe de Servicio de Réxime Interior; xefe de servicio ou superior xerárquico ó que estea adscrito o posto de traballo obxecto do concurso e, no seu defecto, o funcionario que designe o presidente da corporación; un funcionario nomeado polo órgano de representación dos funcionarios do Concello de Ourense.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Os membros da comisión deberán pertencer ós grupos de titulación igual ou superior ó esixido para os postos convocados, tendo dereito a percibi-las indemnizacións correspondentes por participación en órganos de selección do persoal, establecidas no Real decreto 236/1988 e demais lexislación complementaria.

A comisión poderá solicitar da autoridade convocante a designación de expertos que en calidade de asesores actuarán con voz pero sen voto.

A comisión elevará á autoridade competente a correspondente proposta para adxudica-lo posto, consonte coas avaliacións, sen prexuízo do que se establece nos puntos seguintes:

a) A orde principal para adxudica-los postos será determinada pola puntuación obtida, consonte co baremo establecido na base III (méritos).

b) No caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo, ás outorgadas nos méritos alegados, pola orde establecida na base III.

De persisti-lo empate atenderase ó maior tempo de servicios efectivos prestados en calquera das administracións públicas e, se é o mesmo, os prestados no Concello de Ourense.

1. O prazo para resolve-lo concurso será de dous meses desde o día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de instancias.

2. O destino adxudicado será irrenunciable, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio, os interesados obteñan outro destino, ben polo procedemento de libre designación ou por concruso, neste caso poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito nos tres días seguintes á opción realizada.

3. Logo de formulada a proposta pola comisión de valoración, o presente concurso será resolto polo presidente da corporación e publicarase a resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. Contra a presente convocatoria poderase interpoñer recurso potestativo de reposición diante do alcalde do concello, nos termos e prazos sinalados na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Ourense, 3 de agosto de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

ANEXO I

Denominación

do posto

AdscriciónNivel C.D.Complemento específ. anualGrupoEsc.Subesc.RequisitosMéritos específicos

Xefe negociado secretaríaSecretaría xeral181.281.830C/DA.X.Admtva. auxiliar-Galego nivel superior.-Informática de xestión.-Experiencia no desempeño de postos con funcións similares.-Experiencia na xestión de documentación de órganos colexiados.

Xefe negociado e planeamento e xestión urbanísticaServicio licencias e disciplina urbanística181.281.830C/DA.X.Admtva. auxiliar-Experiencia no desempeño de postos con funcións similares.-Coñecementos de informática. (*)

Xefe negociado caixaTesourería municipal181.281.830C/DA.X.Admtva. auxiliar-Experiencia no desempeño de postos con funcións similares.-Coñecementos de informática. (*)

Xefe negociado licencias urbanísticasServicio licencias e disciplina urbanística181.281.830C/DA.X.Admtva. auxiliar-Experiencia no desempeño de postos con funcións similares.-Coñecementos de informática. (*)

Xefe negociado disciplina urbanísticaServicio licencias e disciplina urbanística181.281.830C/DA.X.Admtva. auxiliar-Experiencia no desempeño de postos con funcións similares.-Coñecementos de informática. (*)

Xefe oficina

de análise, programación

e reprografía

Réxime interior221.667.876CA.E.Técnica auxiliarProgdor. informático-Experiencia no desempeño de postos con funcións similares.

(*) Especialmente no manexo de bases de datos e tratamento de textos Word.