Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 13 de agosto de 2001, do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, da convocatoria e das bases para a contratación dun director administrativo e dun capataz.

O Consello de Administración de Vigo-Zoo, en sesión do 26-7-2001, acordou:

1º Autoriza-la contratación en réxime laboral fixo dun director-administrativo e dun capataz con cargo a postos vacantes do vixente cadro de persoal de Vigo-Zoo.

2º As bases xerais para o procedemento selectivo para a contratación serán as aprobadas pola Comisión de Goberno Municipal en sesión celebrada o día 15 de xaneiro de 2001 e publicada no BOP de data 20 de marzo de 2001 e no DOG de data 6 de abril de 2001 coas seguintes modificacións:

Tódalas referencias ó concello entenderanse substituídas por organismo autónomo municipal Vigo-Zoo; as correspondentes ó alcalde-presidente, ó presidente do organismo. Ademais, as que se conteñen nas bases específicas que se establecen a continuación.

3º Aproba-las bases específicas que se establecen a continuación.

Por isto, no uso das facultades que me confire o artigo 41.14º a) do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, resolvo convoca-las probas selectivas para proceder ás mencionadas contratacións consonte as seguintes bases:

1. Director-administrativo.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral fixo e dedicación exclusiva. Estará dotado coas retribucións correspondentes ó dito grupo e as complementarias que figuren orzadas a través da relación de postos de traballo.

III. Condicións dos aspirantes.

Serán as que figuran na base IV das xerais para persoal funcionario coa modificación que para o persoal laboral se contén no punto B.b, e ademais o aspirante deberá contar coa titulación de diplomado universitario ou equivalente.

IV. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para o concurso na base X das xerais.

V. Exercicios da oposición.

Constará de tres exercicios, todos eles obrigatorios e eliminatorios, que se puntuarán de cero a dez puntos cada un deles, quedando eliminado o aspirante que non acade cinco puntos como mínimo en cada un deles. Ademais, practicaranse dúas probas de coñecemento de idioma galego e dos idiomas da Unión Europea e das comunidades autónomas que conten con lingua propias.

Primeiro exercicio.

Consistirá na proba psicotécnica de aptitude para o desenvolvemento do posto co seguinte contido:

Farase unha batería de tests cunha duración aproximada dunha hora en que se valorarán as seguintes aptitudes: intelixencia, sociabilidade, estabilidade emocional, responsabilidade, sentido práctico e seguridae en si mesmo.

Finalizada a proba, o tribunal poderá acordar manter unha entrevista persoal cos aspirantes para profundar nos aspectos explorados no test.

Segundo exercicio teórico.

Consistirá en contestar por escrito durante un tempo máximo de 2 horas, 4 temas elixidos ó chou, dos que figuran como anexo a estas bases específicas; un de cada un dos catro grupos de temas que integran o temario.

Terceiro exercicio.

Consistirá en desenvolver por escrito un suposto práctico que proporá o tribunal, inmediatamente antes do comezo do exercicio, sobre aspectos concretos dos temas que integran o segundo, terceiro e cuarto grupo de temas dos que consta o temario.

Proba de coñecemento do idioma galego e da Unión Europea ou das Comunidades Autónomas.

Practicarase de conformidade co previsto na base X das xerais.

VI. Tribunal cualificador.

Estará integrado polos seguintes membros:

-Presidente: o presidente de Vigo-Zoo ou membro do Consello de Administarción en quen delegue.

-Secretario: o secretario de Vigo-Zoo.

-Vocais: tres representantes do Consello de Administración e tres do persoal.

-A interventora xeral do Concello.

Xunto cos titulares designarase os respectivos suplentes.

Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás o secretario/a e o asesor, que só contarán con voz.

Todos eles, agás o presidente, deberán contar coa titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ós postos.

O tribunal poderá autoriza-la presencia dun asesor/a, con voz e sen voto. Ademais, poderá autorizarse a participación doutro na proba de coñecemento de idiomas oficiais, experto no idioma correspondente ó exercicio.

O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó de postos convocados.

En canto á actuación do tribunal e ás axudas de custo por asistencia, aplicaranse as mesmas previsións que para os tribunais de selección de persoal funcionarios.

ANEXO

Temario

(Exclúense os temas contidos como anexo nas bases xerais para prazas do grupo B).

Primeiro grupo.

Tema 1. A Constitución española de 1978: os dereitos e deberes fundamentais das persoas. Breve referencia á Coroa, ás Cortes Xerais, ó Goberno e á Administración, o Poder Xudicial, o Tribunal Constitucional e a Organización Territorial do Estado.

Tema 2. Os estatutos de autonomía: natureza. Breve referencia ó Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 3. Significación da Unión Europea. Breve referencia á acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 4. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 5. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 6. A organización municipal: regras. Atribucións do alcalde, do Pleno e da Comisión de Goberno.

Tema 7. Competencias municipais: regra xeral. Materias nas que o municipio exercerá en todo caso competencias. Servicios municipais obrigatorios en función do nivel de poboación.

Tema 8. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 9. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados de acordos.

Tema 10. Formas de xestión directa dos servicios públicos municipais: xestión pola propia entidade, sociedade mercantil co capital da cal pertenza integramente á entidade local. Especial consideración do organismo autónomo. Contido mínimo dos estatutos.

Tema 11. Competencias do Consello de Administración e do seu presidente segundo os estatutos de Vigo-Zoo. (Data de publicación BOP: 11-7-1984).

Tema 12. Forma de xestión indirecta dos servicios públicos municipais: a concesión. A xestión interesada. O concerto. O arrendamento. A sociedade mercantil con capital pertencente só parcialmente á entidade.

Tema 13. Lei 59/1999 sobre tenencia de animais potencialmente perigosos e a súa normativa autonómica de desenvolvemento. Coidados e prevencións máis importantes en relación con este tipo de animais.

Tema 14. A Lei 1/1993, da Xunta de Galicia sobre protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: principios e contido.

Tema 15. Normativa sobre prevención de riscos laborais: obrigas do empresario e dos traballadores.

Segundo grupo.

Tema 1. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 2. O acto administrativo. Executividade e suspensión dos actos administrativos.

Tema 3. Os interesados. Capacidade de obrar. Concepto de interesado. Representación dos interesados.

Tema 4. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e finalización.

Tema 5. A responsabilidade da Administración pública e as súas responsabilidades e do persoal ó seu servicio.

Tema 6. As formas de acción administrativa: fomento, policía administrativa, e servicio público.

Tema 7. Os órganos colexiados. Abstención e recusación. Principios das relacións entre as administracións públicas.

Tema 8. Requisitos para contratar coa Administración: aspectos xerais. Capacidade de obrar. Solvencia e clasificación das empresas. Obrigas tributarias e de servicios. Prohibicións para contratar. Garantías que deben presenta-los licitadores do contrato.

Tema 9. Pregos de cláusulas. Os pregos de cláusulas xerais e particulares. Contido. O prego de prescricións técnicas. Contido.

Tema 10. O expediente de contratación: contido. Clases en relación con su tramitación, con su orzamento e co seu importe.

Tema 11. O expediente de licitación e adxudicación do contrato: disposicións xerais. (Artigos 76-81) LCAP. Publicidade das licitacións. Procedemento e formas de adxudicación. Os contratos menores.

Tema 12. O pagamento do prezo do contrato e a súa revisión.

Tema 13. A modificación e extinción dos contratos.

Tema 14. Concepto e particularidades dos contratos de obras.

Tema 15. Concepto e particularidades dos contratos de servicios e subministracións.

Tema 16. Concepto e particularidades dos contratos de xestión de servicios públicos.

Terceiro grupo.

Tema 1. A calidade do servicio na Administración pública. Principios básicos do servicio público. Evolución do concepto de calidade. Concepto de servicio.

Tema 2. O modelo de avaliación da calidade do servicio: tanxibilidade, fiabilidade, capacidade de resposta, seguridade, empatía.

Tema 3. As cartas de servicios públicos. Os principios inspiradores. Obxectivos.

Tema 4. Principios da xestión estratéxica: principio de igualidade, principio de continuidade, principio de mutabilidade.

Tema 5. O modelo de planificación estratéxica. Modelo descritivo da realidade, modelo cognitivo, modelo controlador, modelo normativo.

Tema 6. A análise dos recursos nun zoolóxico: recurso de equipamento, recursos humanos, recursos económicos. A súa aplicación a un zoolóxico.

Tema 7. Imaxe e comunicación: os factores da mercadotecnia. Prezo, producto e promoción. A mercadotecnia pública e social. A comunicación e a información.

Tema 8. A planificación estratéxica. Análise do contorno. Técnicas prospectivas: método Delphi, método de escenarios. Técnicas de diagnóstico interno.

Tema 9. Técnicas de dirección. A dirección por obxectivos. A dirección por proxectos. As técnicas de habilidades directivas: toma de decisións, habilidades de negociación e liderado.

Tema 10. O apoio á xestión. Xestión de servicios. Investigación de mercados. Mercadotecnia, deseño organizativo. Dirección de recursos humanos. Xestión financeira. Control de xestión. Avaliación de resultados. Sistemas de información.

Tema 11. Os recursos humanos. O posto de traballo. Valoración dos postos de traballo, o sistema retributivo. A formación dos recursos humanos. A negociación colectiva, convenios e pactos.

Tema 12. Xestión de recursos humanos. Estilos de dirección. As reunións. A comunicación interpersoal.

Tema 13. Dirección de equipos de traballo. A motivación: teorías, estratexias e instrumentos. Os grupos nas organizacións. Os equipos de traballo.

Tema 14. O contrato de traballo. Modalidades.

Tema 15. Extinción do contrato de traballo. Especial consideración do despedimento.

Tema 16. Salario e garantías salariais.

Tema 17. Afiliación, altas e baixas e cotización no réxime xeral da Seguridade Social. O accidente de traballo. As prestacións de desemprego.

Tema 18. O persoal laboral da Administración local. O acordo regulador de condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo.

Cuarto grupo.

Tema 1. A Lei de facendas locais; aspectos xerais. A súa equiparación coa Lei xeral orzamentaria e as súas diferencias.

Tema 2. O orzamento da entidade local. Formación. Documentación. Aprobación. Especial consideración da prórroga orzamentaria. Créditos prorrogables e non prorrogables. Axustes á prórroga.

Tema 3. A estructura orzamentaria. Clasificación funcional dos gastos. Clasificación económica dos gastos. Criterios e niveis. Clasificación das previsións de ingresos. A partida orzamentaria.

Tema 4. Delimitación dos créditos do orzamento de gastos. Carácter limitativo e vinculante. Niveis de vinculación xurídica. Situación dos créditos de gastos contabilización dos cambios de situación dos créditos.

Tema 5. As modificacións orzamentarias nos gastos. Concepto. Clases. Recursos que poidan financiar cada unha delas. Tramitación. Competencia para a súa aprobación.

Tema 6. A execución do orzamento de gasto. Fases que comprende. Concepto. Órganos competentes en cada unha delas. O pagamento e outras forma de extinción das obrigas.

Tema 7. Ordes de pagamento para xustificar. Concepto. Requisitos. Xustificación. Anticipos de caixa fixa. Concepto. Requisitos. Xustificación. Gastos de carácter plurianual. Concepto. Requisitos. Límites.

Tema 8. Liquidación do orzamento do estado de gastos e ingresos. Resultado orzamentario. Definición. Cálculo. Axustes ó resultado orzamentario. Remanente de crédito. A súa formación. Remanentes incorporables. Remanentes non incorporables.

Tema 9. Remanente de tesourería: definición. Cálculo. Remanente de tesourería afectado a gastos con financiamento afectado. A súa formación. Remanente de tesourería para gastos xerais. Remanente de tesourería negativo, accións para levar a cabo. Dotación para dereitos pendentes de cobramento que se consideren de difícil ou imposible recadación.

Tema 10. Proxectos de gastos con financiamento afectado: estructura. Vinculación xurídica. Seguimento e control. Coeficiente de financiamento. Desviación de financiamento.

Tema 11. A tesourería. Conceptos. Funcións. Contas. Contabilidade das entidades locais. Réxime ó que queda sometido. Exercicio contable. Fins da contabilidade. Libros principais e auxiliares.

Tema 12. Contabilización de: anulación de dereitos de orzamento corrente e pechado. Devolución de ingresos indebidos de orzamento corrente e pechado. Devolución de ingresos duplicados ou excesivos. Anulación de ordes de pagamento por devolución de ingresos do exercicio corrente e de pechados. Corrección de erros aritméticos no exercicio corrente e pechado.

Tema 13. Endebedamento local: operacións de crédito: concepto e delimitación. Clases de operacións. Natureza dos contratos referentes a operacións de crédito. Requisitos para o endebedamento a longo prazo. Requisitos para o endebedamento a curto prazo. Operacións de tesourería. Competencia dos órganos da entidade local.

Tema 14. Control externo. Competencia. Extensión. Tramitacion. Atención especial a responsabilidade contable.

Tema 15. A conta xeral da entidade local. Documentos que a conforman. Formación e tramitación das contas anuais.

2. Capataz.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

Réxime laboral equiparado ó grupo D.

III. Condicións dos aspirantes.

Serán as que figuran na base IV das xerais para persoal funcionario coa modificación que para o persoal laboral se contén no punto B.b, e ademais o aspirante deberá contar coa titulación de graduado escolar ou equivalente.

Acreditarase mediante certificado do secretario de Vigo-Zoo no que conste a data do contrato laboral fixo do aspirante e que leva alomenos dous anos de servicios no zoolóxico.

IV. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para o concurso na base XII das xerais.

Resérvase para promoción interna entre o persoal coa categoría de oficial que cumpra cos requisitos sinalados na base 12 das xerais.

V. Exercicios da oposición.

Consistirá na práctica de tres exercicios todos eles obrigatorios e eliminatorios, que se puntuarán de cero a dez puntos cada un deles, quedando eliminado o aspirante que non acade cinco puntos como mínimo en cada un deles. Ademais practicarase dous probas de coñecemento de idioma galego e dous idiomas da Unión Europea e das comunidades autónomas que conten con lingua propias.

Primeiro exercicio.

Consistirá nun exame psicotécnico de aptitude para o desenvolvemento do posto co seguinte contido:

Realizarase unha batería de tests: intelectual e de perfil profesional. Probas de elección con varias alternativas de respostas. A duración da proba será a que estime o tribunal.

Perfil.

1. Nivel intelectual: capacidade de toma de decisións. Capacidade de aprendizaxe. Boa capacidade intelectual xeral.

2. Nivel de perfil de personalidade: emocionalmente estable. Confianza en si mesmo/a. Tendencia a mante-lo grupo traballando entre bases prácticas e realistas. Emprendedor/a. Organizado/a. Facilitade para establecer e manter relacións.

Segundo exercicio teórico.

Consistirá en acreditar o coñecemento dos temas contidos no temario anexo, contestando a 3 temas un da parte xeral e dous da parte específica nun prazo máximo dunha hora.

Terceiro exercicio práctico.

Consistirá en desenvolver un caso práctico relacionado con calquera dos temas da parte específica de que conste o temario.

Proba de coñecemento do idioma galego e da Unión Europea ou das comunidades autónomas.

Practicarase de conformidade co previsto na base X das xerais.

VI. Tribunal cualificador.

Estará integrado polos seguintes membros:

-Presidente: o presidente de Vigo-Zoo ou membro do Consello de Administración en quen delegue.

-Secretario: o secretario de Vigo-Zoo.

-Vocais: tres representantes do Consello de Administración e tres do persoal designados polo seu delegado.

-Outro: o director ou técnico de Vigo-Zoo designado polo presidente.

Xunto cos titulares designarase os respectivos suplentes.

Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás o secretario/a e o asesor, que só contarán con voz.

Todos eles, agás o presidente, deberán contar coa titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ós postos.

O tribunal poderá autoriza-la presencia dun asesor/a, con voz e sen voto. Ademais poderá autorizarse a participación doutro na proba de coñecemento de idiomas oficiais, experto no idioma correspondente ó exercicio.

O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó de postos convocados.

ANEXO

Temario

(Exclúense os temas contidos como anexo nas bases xerais para prazas do grupo D).

Primeiro grupo.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Dereitos e deberes dos traballadores segundo o estatuto e o convenio colectivo vixente.

Tema 4. Faltas e sancións. O procedemento sancionador segundo o convenio colectivo vixente.

Tema 5. Fins do organismo autónomo Vigo-Zoo segundo os estatutos.

Tema 6. O Consello de Administración e o seu presidente segundo os estatutos.

Segundo grupo.

Tema 7. A organización do traballo e os grupos de tarefas nun parque zoolóxico.

Tema 8. Sistemas de control das tarefas.

Tema 9. A seguridade nos parques zoolóxicos. A prevención. Os recintos para os animais. Os fosos.

Tema 10. Obriga da empresa e dos traballadores en canto a prevención dos riscos laborais.

Tema 11. Operacións cos animais. Traslados das diferentes especies.

Tema 12. A alimentación dos herbívoros. Sistema dixestivo dos herbívoros. Principais alimentos, a súa manipulación.

Tema 13. A alimentación dos carnívoros. Sistema dixestivo dos carnívoros. Principais alimentos, a súa manipulación.

Tema 14. Os hábitats nos parques zoolóxicos. O nicho ecolóxico.

Tema 15. A conservación dos alimentos. O seu almacenamento.

Tema 16. A xardinería nun parque zoolóxico. Traballos de xardinería.

Tema 17. Limpeza nun parque zoolóxico. Traballos específicos.

Tema 18. Xestión e control do almacén dun parque zoolóxico.

Tema 19. Mantemento das instalacións dun parque zoolóxico.

Tema 20. Medidas de vixilancia e control dos visitantes.

Vigo, 13 de agosto de 2001.

Amador Fernández Fernández

Presidente do organismo autónomo municipal

Vigo-Zoo