Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lle dá publicidade ó trámite de audiencia no expediente de descualificación da sociedade cooperativa Cooperativa del Mar Nosa Cantiga.

Instruído expediente de descualificación da sociedade cooperativa, Cooperativa del Mar Nosa Cantiga, con enderezo na rúa Antonio Garelly, 24, Cangas do Morrazo (Pontevedra), ó abeiro do disposto no artigo 141 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e dado que no trámite de audiencia non compareceu, como tal, o órgano de administración da cooperativa nin os socios en número non inferior a tres, procédese a realiza-la publicación prevista no epígrafe b) do número 2 do devandito artigo.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 141.2º.b) citado, antes de redacta-la proposta de resolución, ponse á disposición da entidade Cooperativa del Mar Nosa Cantiga o expediente de descualificación instruído, para que, no prazo de quince días a partir do día seguinte ó da publicación da presente no Diario Oficial de Galicia, faga as alegacións e presente os documentos e xustificantes que estime pertinentes. Neste trámite de audiencia e durante o prazo indicado comparecerá o órgano de administración da sociedade cooperativa ou, no seu defecto, os socios, en número non inferior a tres, nas dependencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, sitas en Santiago de Compostela, nos edificios administrativos de San Caetano, bloque 5-3º andar, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo considerarase cumprido o trámite de audiencia, aínda que non se producise a comparecencia da cooperativa.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais