Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 14 de agosto de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores PESAN1 2000/001096-5 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r/ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2000/001096-5.

Denunciado: Juan Manuel Bea Otero.

DNI: 35424518.

Enderezo: avda. Juan XXIII, nº 49, O Grove.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 35.000 pesetas/210,35 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2000/001143-5.

Denunciado: Fernando Camino Outeiral.

DNI: 52937932.

Enderezo: Esteiro, 113, Boiro.

Precepto infrinxido: 6.14º, 7.7º.

Sanción: 145.000 pesetas/8.714,67 euros.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 14 de agosto de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo