Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2001 Páx. 12.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 13 de agosto de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a modificación da proposta de expediente sancionador PESAN1 2001/000154-5.

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as propostas dos expedientes instruídos pola infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99 do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estime pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r/ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000154-5.

Denunciado: Manuel Dios Otero.

DNI: 52496320.

Enderezo: A Portela, 30 Bueu.

Vigo, 13 de agosto de 2001.

Eva Santalices Vieira

Instructora